J. A. Renoir foi un pintor impresionista francés de
finais do século XIX. O Impresionismo foi un movemento que naceu en París e que
se caracterizou por captar un intre concreto e plasmar no lenzo unha sensación,
unha impresión, de ahí o nome de Impresionismo. Para conseguir ese intre o
artista utiliza unha pincelada desflecada, feita a través de pequenos toques de
cor. Úsanse as cores primarias e é o ollo do espectador quen se encarga despois
de mesturar esas cores na súa retina. A sensación é de que nos achamos ante un
momento de transitoriedade, de fugacidade, de algo efímero preto ó cambio.
Esta obra intimista de
Renoir amósanos a unha muller lendo. Moitos pintores ao longo da historia da arte
representaron a mulleres lendo nos seus cadros. É o caso de Mary Cassat,
Fragonard, Matisse ou Corot entre outros.
|
Mary Cassat |
|
Fragonard |
|
Matisse |
|
Corot |
No hay comentarios:
Publicar un comentario