miércoles, 16 de marzo de 2011

ADIVINA QUIEN VIENE A CENAR II


Dentro duns día comenzaremos a expoñer, por fín, as fotografías de" Adivina quien a cenar".
Un delas é esta, a interpretación dunha obra dun famoso artista surrealista, que fixo a seguinte afirmación : "Esto non é unha mazá" referíndose a un debuxo dunha mazá.
PREGUNTAS:
¿Cal é artista do que falamos e como se chama a obra que reinterpretan os alumnos de 3ºC Vanessa, Emilio, Paula e Laura.

ME HA HECHO POETA LA VIDA















Con motivo do Día da Poesía que se celebra o 28 de Marzo, decidimos homenaxear a Miguel Hernández, e o seu libro " Me ha hecho poeta la vida" unha recopilación de 15 poemas sobre a vida, a morte, a dor e o amor. Onde non só descubriremos a alma do poeta en forma de carta directa ao corazón, senón que tamén disfrutaremos das ilustración dos mesmos, un verdadeiro agasallo para os sentidos.

¿ Sabías que......

Miguel Hernández abandou o colexio os 14 anos para axudar ao seu pai e comezou a traballar de cabreiro, mentres coidaba as cabras lía todo o que caía nas súas mans, mentres que o seu su pai lle rifaba polo seu gusto pola lectura.
No pobo non tiña acceso aos libros , sería un amigo, Ramón Sijé, que estudaba na universidade quen lle escollía a lectura.


El corazón es agua



El corazón es agua

que se acaricia y canta.



El corazón es puerta

que se abre y se cierra.



El corazón es agua

que se remueve,arrolla,

se arremolina,mata.



Novidades "históricas" na Biblioteca

A partir desta semana podemos disfrutar de "cine histórico" na nosa Biblioteca. Cine e historia é unha boa combinación e un xeito diferente e divertido de aprender. Ahí van algunhas delas, que as disfrutedes!


"Juana La Loca" do director español Vicente Aranda , narra a historia de amor de Juana, filla dos Reis Católicos, Isabel e Fernando. Casou con Felipe O Fermoso ó que coñeceu a través dun retrato. A pesar de ser un matrimonio de interese político, amañado a través das relacións diplomáticas entre España e Flandes, Juana namorouse perdidamente do seu home. Felipe namora a moitas outras mulleres da corte tendo devaneos amorosos con éstas. Juana morre cos ciumes... Un día de moitísima calor en Castela, tras participar nun torneo, Felipe bebe, moi sedento, un vaso de auga xeada. Isto lle provoca a morte. Juana tolea, morre o seu grande amor...



"Juana de Arco" do director Victor Fleming e protagonizada pola fermosa Ingrid Bergman, narra a historia dunha granxeira francesa que no século XV tivo unhas visións que lle aconsellaron a sublevación do seu pobo contra Inglaterra. Capturada polos seus inimigos foi queimada na fogueira acusada de bruxa. Esta película de 1948 recibíu catro Óscars da Academia de Holliwood: Mellor Vestiario, Mellor Actriz, Mellor Actor Secundario e Mellor Banda Sonora. Ao longo da historia do cine podemos disfrutar de varios remakes de Juana de Arco.


Outras películas deste xénero que podedes atopar na biblioteca son "1492, la conquista del paraíso" de Ridley Scott (película sobre a conquista de América),"Napoleón" de Sacha Guitry (film que mestura a expansión militar de Napoleón e a súa incrible historia de amor), "El joven Lincoln" de John Ford ( a historia dun dos máis importantes presidentes dos EEUU), "La vida privada de Enrique VIII" de Alexander Korda (film sobre os diferentes matrimonios deste rei inglés do século XVI), e moitas máis...

jueves, 10 de marzo de 2011

Isadora Duncan: Bailando á vida

Añadir imagen
Esta muller revolucionou o mundo da danza, foi unha gran artista, crítica de arte e unha gran defensora dos dereitos da muller. Naceu en San Francisco en 1878, o seu nome era Ánxela, pero desde pequena é coñecida como Isadora. Cando tiña cinco anos, a súa familia sabía con toda certeza que a rapaza sería unha excelente bailarina. Aos dez anos xa estaba nun colexio especial para o ensino da danza. Aos dezasete traballou en New York xunto ao dramaturgo Augustin Daly, que lle deu a oportunidade de actuar en varios escenarios de EEUU. Máis tarde, Isadora foise a Inglaterra para estudiar danza grega, presentando en Londres excelentes actuacións. O éxito obtido abriulle as portas nos escenarios europeos, recorrendo Francia, Italia e Grecia, lugar este último donde creou un templo da danza. Máis tarde abriu en Berlín unha escola de ballet. Isadora tivo unha vida triste, morreron tres dos seus fillos en tráxicas circunstancias, non puido volver aos EEUU acusada de comunista., tivo problemas coa bebida, varios intentos de suicidio... A súa vida foi tamén moi revolucionaria; viaxou por toda Europa, era atea, bisexual, social-revolucionaria, partidaria da URSS, tivo moitísimos amantes...En 1926 escribe a obra "A miña vida" e morre en 1927, estrangulada por un longo chal que se lle enganchou nunha roda do seu automóbil mentres conducía.
Melanie García Vázquez
Publicado por A Balsa da Medusa

Mulleres con sedónimo masculino



Durante moitos séculos, o predominio dos homes no mundo da creación artística foi absoluto. Moitas mulleres utilizaron seudónimos masculinos na súa faceta creadora. É o caso de George Sand (Armandine Dupin) ou a española Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber), dous famosos exemplos coñecidos por todos nós. Era unha maneira de evitar a discriminación polo simple feito de ser unha muller creadora, para que a súa obra fora tratada con respeto e para poder publicala. Moitas destas mulleres nunca chegaron ver o seu nome real nun libro publicado, senón o seu seudónimo masculino.

Mulleres que adoptaron un seudónimo masculino para poder ver publicada a súa obra foron Mary Ann Evans (George Elliot), Armandine dupin (George Sand), as irmás Emily, Charlotte e Anne Brontë (Currer, Ellis e Acton Bell), Karen Blixen (Isak Dinessen) En España, ademáis de Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero), nomear a Caterina Albert (Víctor Catalá)

O 8 de marzo, Día da Muller Traballadora vai dedicado a elas. Como actividade nesta data tan especial podemos buscar algunhas obras representativas destas mulleres que vivían nun mundo de homes.