martes, 22 de febrero de 2011

O cadro estrela: "A dama do armiño"


A obra que contemplamos é "A dama do armiño" do gran artista do Renacemento italiano Leonardo Da Vinci. Trátase do retrato dunha muller nova, unha adolescente cunha face aínda infantil pero belísima. O seu nome era Cecilia Gallerani e era amante do poderoso rexente de Milán Ludovico Sforza.A pintura, realizada coa técnica do óleo no ano 1484 da unha información valiosa ao espectador. Vemos que se trata dunha muller de certa posición social xa que o retrato é encargado a un dos grandes artistas italianos da época. Ademáis, o coidado peiteado, a ropaxe e as xoias fainos intuir o seu alto estatus social. O animal que leva nos seus brazos é un armiño. Non está escollido ó chou polo pintor, senón que ten un significado concreto, o armiño é símbolo da castidade, da pureza. Este animal, a súa vez, é o motivo heráldico dos Sforza. Se nos fixamos que na mirada da rapaza, observamos que os seus ollos non se atopan co espectador senón que miran cara outro lado. Isto podemos interpretalo como a timidez da xuventude, o temor a ser recoñecida ou a certa vergoña pública por ser a amante dun home xa de certa idade. O que esconden os retratos...

miércoles, 16 de febrero de 2011

A elaboración de queixos artesanais na Ulloa





Onte, alumnos e alumnas de 3º ESO asistiron a un Obradoiro artesanal de elaboración de queixo con Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa. A actividade foi desenvolvida no laboratorio de Física do centro donde recebimos explicacións teóricas e prácticas sobre as fases de elaboración deste coñecido queixo galego. Cada un levou para a súa casa o seu queixo artesanal propio.
Hoxe, parte do alumnado de 4º ESO, asistíu a unha conferencia sobre a arte da cata do queixo. Tamén tivo a súa parte práctica degustando os principais queixos de Galicia e coñecendo a súa área xeográfica: Queixo de Tetilla, Arzúa-Ulloa e San Simón Da Costa. Apreciamos texturas, olores e sabores. Un pracer para os sentidos.

domingo, 13 de febrero de 2011

CAMBIAMOS A GUERRA POLO AMOR


Como todos sabedes o 14 de Febreiro é o dia dos namorados, e a Biblioteca convítate a namorarte da lectura expoñendo no punto de interese literatura e películas con temática amorosa, e coa lectura poñemos a túa disposición poemas e frases para agasallar o día dos este día tan especial.
E para rir e emocionar recoméndovos ver os seguintes curtos.












lunes, 7 de febrero de 2011

Lector@s da Ulloa: Compartindo experiencias con Elías Portela



O pasado xoves o clube de pais "Lector@s da Ulloa" tivemos o inmenso pracer de recibir e compartir experiencias sobre a obra "Anxos do universo" de Gudmunsson co seu traductor Elías Portela. Durante algo máis de duas horas sumerxímonos na particular paisaxe islandesa, as súas costumes e a súa lingua. Os lectores estivemos dacordo na poesía tan cautivadora que emana da obra que Elías soubo plasmar na súa traducción. Outra obra traducida por este cangués de nacemento e islandés desde hai case dez anos, é "Skugga-Baldur" de Sjón, autor moi admirado polo traductor. Elías Portela tamén é poeta e lle auguramos un gran futuro. Ata o momento ten publicados dous poemarios "Imaxes na pel" e "Cos peitos desenchufados". Poesía francamente orixinal, así como a creación e elaboración dunha lingua propia. Maxistral. Grazas Elías por facernos pasar tan bo rato. Para repetir.

miércoles, 2 de febrero de 2011

CORALINE E BRANCA






Na última reunión do club de lectura "Enrédate coa lectura II", lemos a historia de dúas rapazas de idade similar, " Coraline" de Neil Gaiman, e Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz, os libros totalmente son totalmente diferente en xénero , a primeira é unha novela gráfica de ficción e a segunda é unha novela realista que narra en forma de "diario fotográfico de recordos e vivencias" a vida dunha nena de 13 que ten que pasar dous meses na casa por mor dunha enfermidade : a hepatite.

Ambálas dúas nenas profundizan nos seus desexos, sentimentos e relacións persoais cos seres próximos e familia.
As dúas lectura rematan cun canto ao cotidiano, a saber apreciar o cercano, a familia, os veciños, amigos, etc...

As actividades que realizamos foron:

CORALINE

  • Visionar película e comentar similitudes e diferencias.
  • Qué dexei fortemente que ocorrese e despois non era como imaxinaba.
  • Falar das diferentes adaptacións cinematográficas de diferentes libros, e comentar que nos gusta máis e porqué.

BLANCA

  • Realziación do cuestionario sobre o libro.
  • Os alumn@s traen fotos deles cando eran pequenos e adiviñamos quén é quén.
  • Os alumn@s traen receitas das avóas.
  • Describir un día especial na nosa vida.