lunes, 31 de marzo de 2014

"As voces baixas" de Manuel Rivas

O libro de lectura deste mes no club de pais e nais "Lector@s da Ulloa" é "As voces baixas" de Manuel Rivas. É unha autobiografía do propio autor, da súa infancia, doas súas lembranzas e da súa primeira xuventude. Á vez, é unha biografía colectiva da xente do común ambientada na pequena aldea do Castro de Elviña, nas aforas dunha cidade en crecemento, A Coruña. A propia aldea de Castro, o  cemiterio de san Amaro, a rúa da Marola perto da Torre, a prisión provincial, o instituto mixto de Monelos ou a enxebre taberna Dos Beléns tamén de Monelos son os lugares que poboan esta novela de Manuel Rivas na que nos amosa que son as voces baixas. Estas son as lembranzas, os murmurios dos nenos e tamén as voces prohibidas dos anos do franquismo...
Á vez, Manuel Rivas, réndelle homenaxe a súa irmá María, muller que se adiantou ao seu tempo e que morreu moi nova. 
Manuel Rivas indica que esta obra é un libro do principio e do final. 

A vindeira lectura do club é "El señor de las moscas" de William Golding, un clásico da literatura contemporanea. A reunión, o último luns do mes (28 de abril).

No hay comentarios:

Publicar un comentario