martes, 8 de abril de 2014

Cineforum: "Ágora"


Na tarde de onte os alumnos de 2º ESO asistiron a unha sesión de Cineforum na biblioteca do IES de Monterroso. Erica Gayoso Lidia Lemos e  Lara Santoalla presentaron o filme dirixido polo director español Alejandro Amenábar.
Antía Pereiro, Martín Rivas e Brandan Martínez foron os encargados de dirixir o debate tras o remate da película cos espectadores.

Esta actividade representa o remate da conmemoración do Día da muller. Os rapaces escolleron este filme entre outros que amosaban o papel da muller en ámbitos moi variados. 

Hipatia de Alexandría é  a personaxe principal de"Agora". É filósofa, astrónoma e matemática nun mundo dominado polos homes. A sabiduría, a intolerancia e o amor son os temas principais desta película cuxa acción se sitúa na cidade de Alexandría


No hay comentarios:

Publicar un comentario