"Rúa de París nun día de choiva" amósanos o estilo particular do artista francés Gustave Caillebotte. Encadrámolo nun realismo case fotográfico, moi minucioso, pero a súa pintura achégase ao Impresionismo de Renoir. Os seus cadros presentan a vida cotiá parisiense nas súas rúas. Neste caso semella unha instantánea que sitúa ao espectador nunha encrucillada de rúas no París de Haussmann, o gran urbanista que cambia a face da capital francesa no século XIX. Haussmann derriba o caótico París medieval e abre amplias avenidas con grandes perspectivas que Caillebotte plasmou nas súas obras.
A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
viernes, 15 de noviembre de 2013
"Un día de choiva" de Caillebotte
"Rúa de París nun día de choiva" amósanos o estilo particular do artista francés Gustave Caillebotte. Encadrámolo nun realismo case fotográfico, moi minucioso, pero a súa pintura achégase ao Impresionismo de Renoir. Os seus cadros presentan a vida cotiá parisiense nas súas rúas. Neste caso semella unha instantánea que sitúa ao espectador nunha encrucillada de rúas no París de Haussmann, o gran urbanista que cambia a face da capital francesa no século XIX. Haussmann derriba o caótico París medieval e abre amplias avenidas con grandes perspectivas que Caillebotte plasmou nas súas obras.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario