martes, 14 de enero de 2014

Cadro-estrela: "O matrimonio Arnolfini"


"O matrimonio Arnolfini" é unha obra de Van Eyck, artista que vivíu en Flandes, unha zona de gran importancia mercantil na Baixa Idade Media e na que se consolida o ascenso dun grupo social enriquecido polo comercio: a burguesía.

O cadro é un retrato dunha parella no momento da realización da cerimonia sagrada do matrimonio. Na pintura todos os obxectos teñen un significado en relación co tema do matrimonio. Así, o can que aparece no primeiro plano simboliza a fidelidade; as mazás xunto a ventana teñen relación co pecado orixinal, o ventre abultado da muller refírese á maternidade futura da muller; o cadro sobre a cama representa a Santa Margarita, patroa dos partos; a lámpada cunha luz acea que ilumina a estancia amosa unha unión sagrada por Deus.

O que nos chama máis a atención é o espello que aparece ao fondo e que reflicte a escea nupcial. Representa o  triunfo  da perspectiva no cadro. Sobre este, a firma do autor e que confirma dalgunha maneira a escea representada: Jan Van Eyck estivo aquí.


Van Eyck xeraliza o emprego do óleo na pintura o que vai permitir o máximo detallismo dos obxectos que aparecen no cadro e acada un nome na historia da pintura universal debido aos logros experimentados na perspectiva e a luz na súa obra.

Ezra Bueno, 2º BAC A

No hay comentarios:

Publicar un comentario