lunes, 10 de diciembre de 2012

Un pouco de historia: Día 10 de decembro; Día Internacional dos Dereitos Humanos



A celebración do 10 de decembro do día dos Dereitos Humanos ten a súa  orixe no ano 1950. Neste ano a Asamblea Xeral das Nacións Unidas convidou a todos os Estados e organizacóns interesadas a que o 10 de decembro observaran  o Día dos Dereitos Humanos (resolución 423 (V)).
Nese Día  conmemórase a aprobación pola Asamblea Xeral da Declaración Universal de Dereitos  Humano de 1948.
A ONU pretendía con esta Declaración Universal sentar as bases dun compromiso ético para obligar a todos os Estados a cumprir e facer cumprir unha serie de normas.
Lembremos que despois da Segunda Guerra Mundial, nos  inicios da Guerra Fría, cando todavía doían as feridas do nazismo e ante as situacións  de inxustiza que se vivían nos cinco continentes, varios países sentiron a  necesidade de unirse nunha organización supraestatal que garantizara o respeto e a dignidade das persoas, e  que evitara a repetición de feitos tan lamentables como a vulneración da dignidade da persoa e o respeto a súas  peculiaridades étnicas, relixiosas o sexuais
Os Dereitos Humanos sostéñense sobre dous piares esenciais da Humanidade: a libertade e  la plena igualdade entre todos os seres humanos. Condicións  inherentes a todo ser humano sen nengún tipo de limitacións, sexan éstas: culturais, económicas, étnicas, sexuais, etc.O concepto de Dereitos Humanos fai referencia ao sentido da dignidade humana antes que calqueira  formulación xurídica ou política.
Nun principio, a declaración levaba por título  "Os dereitos do home" pero  Eleanor Roosevelt, Presidenta da Comisión e feminista, plantexou que o termo excluía ás mulleres e consiguíu que no seu lugar figurara "Dereitos Humanos"

No hay comentarios:

Publicar un comentario