lunes, 10 de diciembre de 2012

Teatro en Francés: "O avaro" de Moliere

O pasado mércores día 5 de decembro o alumnado de Francés do Ies asistíu á representación da obra "O avaro". Trátase dunha das obras clave da historia do teatro en francés e tamén unha das obras máis relevantes do seu autor, Moliere. A historia plasma o lado máis mezquino do home, o egoísmo polo material, que supera aos demáis sentimentos do ser humano. Esta obra do Barroco francés foi estreada en 1668 en París.



Aquí van algunhas das opinións dos asistentes ó evento que tivo lugar no colexio San José de Lugo.

Vanessa Coucheiro de 2º ESO:  "Gustoume a obra, sobre todo a interpretación dos actores, moi bos. Algunhas partes da historia non as entendín moi ben, pero sí o sentido xeral da obra. Foi divertida"

Susana Varela de 2º ESO:  "Gustoume, entendíase moi ben xa que falaban en francés e castelán. Era divertida e didáctica ao mesmo tempo"

Nerea Varela de 2º ESO:  "Gustoume, a coordinación dos actores foi moi boa, sabían moi ben o seu papel. En Lugo aproveitamos para ir á catedral, a contemplar as pinturas da igrexa que descubriron hai pouco"

No hay comentarios:

Publicar un comentario