A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
viernes, 30 de noviembre de 2012
Lector@s da Ulloa: Coñecendo a Paul Auster
"El palacio de la luna" de Paul Auster é unha obra que envolve e que nos engancha desde a primeira páxina lida. Na primeira parte da obra, o protagonista, Marco Frogg, déixase levar cara ó verdadeiro inferno. O delirio que lle provoca a fame convértese en verdadeira loucura. O espectador asiste á soidade do personaxe principal desta impactante novela. Tras saír do inferno no que vive grazas ó amor, Marco atopa traballo coidando a un ancián paralítico. Aquí a novela vólvese totalmente esperpéntica e surrealista. Ao longo do resto da novela; o tema do amor, o azar e a soidade mestúranse. Son, realmente, os grandes temas de Auster.
Paul Auster é un dos grandes escritores norteamericanos actuais. AS súas obras son o resultado dunha vida intensa; Paul Auster traballou como "negro" para outros escritores, traballou nun petroleiro, vivíu na indixencia nunha breve etapa da súa vida, ó igual que Marco Frogg en "El palacio de la luna". Nas súas obras está presente a tráxica soidaded do home xunto a outro tema estrela da súa produción: o azar.
Etiquetas:
animación á lectura,
club de lectura,
literatura contemporanea
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario