jueves, 22 de noviembre de 2012

"Over my dead body" de Mona Hatoum



"Over my dead body" ("Sobre mi cadáver") é o título do cadro da artista Mona Hatoum. ésta aparece representada de perfil mirando, con altivez, a un soldado de xoguete  que se atopa sobre o seu nariz, tan molesto como se de unha mosca se tratase.
A mensaxe é clara e contundente;  a guerra e a opresión  son realidades cuxa importancia non debe reducirse.  Por desgracia, no mundo no que vivimos, aínda que tentamos a reducir  e ver os conflitos que existen en numerosas partes do mundo, éstes seguen  ahí e nos atañen a todos.

Mona Hatoum naceu en Beirut no seno dunha familia palestina. É unha das artistas máis recoñecidas no panorama artístico contemporáneo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario