Este trimestre adicamos o expositor de autores a Jordi Sierra i Fabra, que xunto Stephen King, e Agustín Fernández Paz completan esta nova sección que comenzamos o curso pasado con Arturo Pérez Reverte.
Como vedes a elección de escritores e moi diversa depende da data, no trimestre adicamos o expositor a un mestre das novelas de terror coincidindo co Samaín. No segundo trimestre adicamosllos a Agustín Fernández Paz, como pequena homenaxe por recibir o VII Premio Iberoamericano SM. Finalmenmte, este trimeste adicámosllos un dos escritores preferidos e máis lido polo noso alumnado, Jordi Sierra i Fabra.
Este escritor catalán nacido en Barcelona en 1947, é capaz conmover ao noso alumnado con historias inocentes que esconden crudas realidades(El niño que vivía en las estrellas ou Kafka ou la muñeca viajera), asesinar a todo o claustro de profesores para espertar o inxenio ( El asesinato de la profesora de lengua ou El asesinato do profesor de matemáticas), ou ensinarnos os perigos de caer nas drogas ou na anorexía (Campo de fresas e Las chicas de alambre). E por iso que adicamos este trimestre este escritor con alma de músico. Se queredes saber moito, moito mais de Jordi Sierra i Fabra .
Se queredes saber máis sobre el podedes visitar a súa páxina oficial http://www.sierraifabra.com/
Foto de http://nomevengasconhistorias.blogspot.com.es/ blog moi interesante que non vos debedes perder.
No hay comentarios:
Publicar un comentario