Nestes
días podemos contemplar nas diferentes aulas materia do IES unha
homenaxe á incombustible Mafalda, a máis destacada creación do
debuxante arxentino Quino.
Mafalda
cumpriu xa 50 anos e de sempre foi unha nena intelixente e reflexiva
que naceu en 1962. O día da súa primeira publicación foi o 29 de
setembro de 1964, co cal o seu aniversario, según comenta o seu
creador, celebrarase en 2014.
Calqueira
data é boa para lembrar a un dos personaxes máis influintes na
historia da banda deseñada. Mafalda sempre amosa a súa
preocupación pola paz mundial e pola Humanidade, as súas reflexións
son profundas, trátase dunha verdadeira filósofa.
Mafalda
sempre foi un gran éxito de vendas. En 1973, coincidindo co seu
exilio, Quino puxo fin as andanzas da famosa rapariga filósofa.
Os
personaxes secundarios son os seus pais, sempre abraiados ante as
observacións da súa filla; o seu traveso irmán Guille; Felipe o
tímido e soñador; Miguelito, enérxico filósofo; Manolito o
capitalista e Susanita, a súa parlanchina amiga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario