Este
ano as Letras Galegas rememoran a Valentín Paz Andrade (1898-1987), xurista,
político e escritor pontevedrés. Pertenceu ao movemento galeguista
nos seus inicios, sendo director do periódico "Galicia"
pechado nos anos 20 polo dictador Primo de Rivera. Presidíu o grupo
autonomista galego, núcleo do galeguismo en Vigo. Escribíu ensaios
literarios, históricos e económicos, sempre amosando preocupación
polo avance e progreso de Galicia. Colaborou en "Pueblo
Gallego", sendo detido en varias ocasións durante a dictadura
franquista pola súa ideoloxía política. Como poeta, pertenceu á
Xeración de 1925, destacando a súas obras "Sementeira do
vento" e "Cartafol de homenaxe a Otero Pedraio".
Asimesmo impulsou ó grupo industrial "Pescanova" en Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario