A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
miércoles, 13 de abril de 2011
Clube de lectura: Persépolis
Persépolis é unha obra gráfica en expresivo branco e negro da autora iraní Marjane Satrapi. De carácter autobiógráfico, cóntanos a través dos ollos dunha rapaza como transcurre a historia máis recente en Irán. Debido á revolución islámica de 1979, que pon fin o goberno do sha de Persia, a historia do país cambia de xeito radical. Irán convértese nunha república fundamentalista. Marjane tiña tan só dez anos de idade e a súa familia decide mandala a Europa, alí terá a posibilidade de vivir en democracia xa que as libertades básicas en Irán son suprimidas. Ao longo da súa adolescencia e xuventude vive en Viena e en París, observando a evolución do país donde nacera e no que permanece a súa familia.
Hoxe en día, Satrapi vive en París e ten prohibida a entrada en Irán.
"Persépolis" é a obra deste mes no club de lectura "Enrédate coa lectura I". A reunión é o día 28 de abril a partir das tres e media., á volta das vacacións.
A autora,
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario