domingo, 31 de enero de 2010

HISTORIA DUNHA FOTO: A MOTO por Silvia

Nesta fotografía, tomada no ano 1958, aparece meu avó materno, David Saavedra, nunha moto, na súa primeira moto, cando el contaba 17 anos. Cando mercou a motocicleta non contaba con moitos cartos, porque os seus pais non tiñan moito, pero tiveron que facer un esforzo xa que precisaba a moto para desprazarse ata Monterroso, onde traballaba de peón en obras. Poucos anos despois deixaría o seu traballo de peón e marcharía para o servizo militar, que naquela época era obrigatorio. Cando volveu do servizo militar casou e marchou para Bilbao coa súa muller e os dous dos seus irmáns, onde traballarían como albaneis na. Anos despois regresaría a Monterroso para quedarse e formar a súa familia.
A fotografía sacouna en San Lourenzo, alí vivía cos seus pais e irmáns. Na foto sae en traxe e posando, xa que sería unha das fotos que seu irmán e súa irmá, emigrados á Arxentina, recibirían del.
Nos anos 50, unha gran parte da poboación galega vivía en zonas rurais, adicada á agricultura en condicións moi míseras e atrasadas. Nesa época España empezou a abrirse ó exterior: isto significou o recoñecemento internacional do franquismo, o cal se traduciu nunha mellora das condicións económicas do país e na comunicación co exterior. En 1959 apróbase o Plan de Estabilización Económica, o punto de arranque da industria e a urbanización españolas, e que terá importantes repercusións na agricultura galega.

2 comentarios:

  1. Todo un luxo ter unha moto daquela!.
    Xa me fago unha idea do que campaba teu avó nesa marabilla. E madia levou a posar de traxe. Non era para menos.
    Deberíamos decatarnos do feito de que o que hoxe nos parece unha menudencia, non fai moito tempo era o cumio dun desexo e, neste caso que nos conta Silvia, parece que tamén dunha necesidade.
    Parabéns!

    ResponderEliminar
  2. ¡¡Que marabilla de moto!!

    Que difícil tivo que ser para el emigrar, como tantos outros que se foron de aquí. Aínda co teu avó tivo sorte e non pasou moito tempo fora.

    Era curioso ese costume de enviar as fotografías os emigrados do mesmo xeito que a xente que estaba fora as enviaba aos de aquí.

    Moi ben Silvia

    ResponderEliminar