domingo, 2 de mayo de 2010

DÍA DO LIBRO




Unha semana despois do día do libro presentamos as fotos da celebración no IES. Durante a semana do 19 de Abril os alumnos/as adicaron libros os seus compañeiros en pequenas tarxetas de felicitación. Os profes clasificamos as mesmas segundo o alumno a quen ían dirixidas e a continuación unimos as tarxetas a unha rosa. O venres por sorpresa entregamos as dedicatorias nas aulas.

viernes, 30 de abril de 2010

O ALIADO INESPERADO por Oscar

Os principais protagonistas do Aliado inesperado son un lobo ferido por un lazo de aceiro e un home ferido pola vida. A través dos recordos do home protagonista , que e o ultimo habitante do seu pequeno mundo , Xavier conta historias de tempos en que a loita contra os lobos se disfrazaba de necesidade para caer en ritos ateigados de crueldade , e outras máis actuais pero non menos inquietantes.
Gustoume porque fala de lobos e é un animal que me gusta.

EL NOMBRE DEL VIENTO por Andry


«Roubei princesas a reis agónicos. Incendiei a cidade de Trebon. Pasei a noite con Felurian e espertei vivo e cordo. Expulsáronme da Universidade a unha idade á que á maioría aínda non os deixan entrar. Percorrín de noite camiños dos que outros non se atreven a falar nin sequera de día. Falei con deuses, amei a mulleres e escrito cancións que fan chorar aos bardos.
Chámome Kvothe. Quizais oelles falar de min.»
Así nos dá a entrada ao seu libro Patrick Rothfuss.
O nome do vento é a biografia de Kvothe dividida en tres partes titulada Cronica do asasino de reis, orixinalmente chamábase A canción da chama e o trono que se dividiu pola súa gran extensión.Nesta historia ou primeira parte Kvothe, o músico, mago, asasino, heroe e esmoleiro comeza a contarnos a súa historia que é copiada por Devan Lochees mentres que o seu amigo Bast escoita atentamente á historia do seu titor e amigo. Contando a súa vivencia cos seus pais artistas itinerantes Edena Ruh, a súa vivencia en Tarbean como esmoleiro ,a súa estancia na universidade onde é un alumno altamente cualificado aínda que pobre.
O libro é facil de ler e extrañamente adictivo, escrito coma se dun poema se tratase, ten pequenos interludios mentres se conta a historia para que lembres que hai un presente e o que contan é un pasado, os capitulos son curtos ou polo menos non demasiado longos para non cansar ao lector. Un libro imprescindible si che gustou o Señor dos aneis.

LOS SIMPSON por Sergio

Sintome identificado con Bart porque e moi vago e non lle guta estudar,e fai moitas trasnadas.
Os seus persoaxes son:Marge, Homer, Lisa, Bart, Magie, sr Burns, Smithers...
Eu coñecin os Simpson primeiro na television e logo sen querer atopei os comics na biblioteca do instituto.

SLAM DUNK por Marc

Slam Dunk é un manga de 31 volumes obra de Takehiko Inoue que narra a historia dun estudante de universidade chamado Hanamichi Sakuragi, que sofre unha serie de rexeitamentos amorosos ata que un bo día coñece a unha moza chamada Haruko a quen lle fascina o baloncesto. Por mor disto Hanamichi finxirá ser un deportista e inscribirase no club de baloncesto do colexio coa esperanza de poder impresionala e saír con ela. Aínda que co tempo descubrirá no baloncesto un deporte que o esixirá e porá a proba sacando o mellor del. É unha manga con moitas doses de comedia, deporte e leccións de autosuperación. O manga conta ademais cunha serie de anime de 101 episodios máis un total de 4 películas. Foi publicado entre o 1990 e 1996 na revista Shonen Jump.
Este libro é ideal para os amantes do basquet e da comedia.