«Roubei princesas a reis agónicos. Incendiei a cidade de Trebon. Pasei a noite con Felurian e espertei vivo e cordo. Expulsáronme da Universidade a unha idade á que á maioría aínda non os deixan entrar. Percorrín de noite camiños dos que outros non se atreven a falar nin sequera de día. Falei con deuses, amei a mulleres e escrito cancións que fan chorar aos bardos.
Chámome Kvothe. Quizais oelles falar de min.»
Así nos dá a entrada ao seu libro Patrick Rothfuss.
O nome do vento é a biografia de Kvothe dividida en tres partes titulada Cronica do asasino de reis, orixinalmente chamábase A canción da chama e o trono que se dividiu pola súa gran extensión.Nesta historia ou primeira parte Kvothe, o músico, mago, asasino, heroe e esmoleiro comeza a contarnos a súa historia que é copiada por Devan Lochees mentres que o seu amigo Bast escoita atentamente á historia do seu titor e amigo. Contando a súa vivencia cos seus pais artistas itinerantes Edena Ruh, a súa vivencia en Tarbean como esmoleiro ,a súa estancia na universidade onde é un alumno altamente cualificado aínda que pobre.
O libro é facil de ler e extrañamente adictivo, escrito coma se dun poema se tratase, ten pequenos interludios mentres se conta a historia para que lembres que hai un presente e o que contan é un pasado, os capitulos son curtos ou polo menos non demasiado longos para non cansar ao lector. Un libro imprescindible si che gustou o Señor dos aneis.

No hay comentarios:
Publicar un comentario