Slam Dunk é un manga de 31 volumes obra de Takehiko Inoue que narra a historia dun estudante de universidade chamado Hanamichi Sakuragi, que sofre unha serie de rexeitamentos amorosos ata que un bo día coñece a unha moza chamada Haruko a quen lle fascina o baloncesto. Por mor disto Hanamichi finxirá ser un deportista e inscribirase no club de baloncesto do colexio coa esperanza de poder impresionala e saír con ela. Aínda que co tempo descubrirá no baloncesto un deporte que o esixirá e porá a proba sacando o mellor del. É unha manga con moitas doses de comedia, deporte e leccións de autosuperación. O manga conta ademais cunha serie de anime de 101 episodios máis un total de 4 películas. Foi publicado entre o 1990 e 1996 na revista Shonen Jump.
Este libro é ideal para os amantes do basquet e da comedia.
Este libro é ideal para os amantes do basquet e da comedia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario