viernes, 26 de marzo de 2010

LA MUJER DE VERDE


Chegamos a Semana Santa cun libro no peto que comentaremos á volta de vacións no Clube de Lectura de pais, trátase de La mujer de Verde de Arnaldur Indridason.

O libro respira distinto que os seus antecedentes clásicos deste xénero, en boa parte porque o escenario en que transcorre a acción ten características propias. Os temas son, desde logo, os que corresponden á novela policiaca: a sospeita dun asasinato, uns feitos confusos de interpretación laboriosa, probas desconcertantes, mundos marxinais e escuros, episodios do pasado que cobran relevo no presente de forma inesperada e escenas da vida privada dos policías encargados de resolver o caso que se cruzan cos acontecementos do curso da investigación e crean unha atmosfera de tensión melancólica que acompaña á trama e matiza o seu desenvolvemento.
Pero esa Islandia onde sucede a historia que Indridason cóntanos achega unha novidade desde o momento en que é unha descoñecida para o lector habitual. O achado duns ósos humanos nas inmediacións de Reykjavik abre unha investigación que obriga a retroceder no tempo até os anos corenta. E o que sería en calquera outro país de Europa un prazo moi curto desde o punto de vista da historia, supón para Islandia unha eternidade. Case podería dicirse que o país nace coa Segunda Guerra Mundial. Até entón Reykjavik non era máis que un pobo e a poboación da illa vivía miserablemente, dispersa e illada, practicamente sen contacto co exterior como fora ocorrendo desde tempo inmemorial.

domingo, 31 de enero de 2010

HISTORIA DUNHA FOTO: A MOTO por Silvia

Nesta fotografía, tomada no ano 1958, aparece meu avó materno, David Saavedra, nunha moto, na súa primeira moto, cando el contaba 17 anos. Cando mercou a motocicleta non contaba con moitos cartos, porque os seus pais non tiñan moito, pero tiveron que facer un esforzo xa que precisaba a moto para desprazarse ata Monterroso, onde traballaba de peón en obras. Poucos anos despois deixaría o seu traballo de peón e marcharía para o servizo militar, que naquela época era obrigatorio. Cando volveu do servizo militar casou e marchou para Bilbao coa súa muller e os dous dos seus irmáns, onde traballarían como albaneis na. Anos despois regresaría a Monterroso para quedarse e formar a súa familia.
A fotografía sacouna en San Lourenzo, alí vivía cos seus pais e irmáns. Na foto sae en traxe e posando, xa que sería unha das fotos que seu irmán e súa irmá, emigrados á Arxentina, recibirían del.
Nos anos 50, unha gran parte da poboación galega vivía en zonas rurais, adicada á agricultura en condicións moi míseras e atrasadas. Nesa época España empezou a abrirse ó exterior: isto significou o recoñecemento internacional do franquismo, o cal se traduciu nunha mellora das condicións económicas do país e na comunicación co exterior. En 1959 apróbase o Plan de Estabilización Económica, o punto de arranque da industria e a urbanización españolas, e que terá importantes repercusións na agricultura galega.

martes, 26 de enero de 2010

MONTARACES por Roi

Este libro foi escrito por John Flanagan. Trata duns nenos orfos, dos cales un é especial. Will, que así se chama, non se lle dá ben ningunha profesión, e o día no que o castelo distribué os traballos no edificio, ninguén o acepta, excepto un montaraz. Así que Hill acepta esa profesión. Os montaraces eran como gardacostas dos reis. Pouco a pouco vai aprendendo esa profesión, pero un día teñen que ir loitar contra os kalkara, uns monstros... Ao final Will salva ao seu mestre deses monstros e descubre que o seu pai morrera sendo un sarxento que tamén protexía ao montaraz do exército inimigo.

viernes, 22 de enero de 2010

HISTORIA DUNHA FOTO: AS FESTAS DA NOSA SEÑORA por Helena


Esta imaxe é do ano 1937 e foi realizada na Casa de Naia, Antas. Nela podemos ver a sete rapaces que son os fillos de Benito , o carpinteiro da aldea. Comezando de esquerda a dereita vemos a Francisco , despois del vemos a Celia, a continuación a Josefa , a maior dos irmáns da familia e en cuarto lugar a Hortensia. Na parte inferior da foto vemos a Gumersindo , Aurelia , miña avoa, e a Mariano. Hai que dicir que na foto faltan Genaro e José que ó ser xa máis maiores estaban na Guerra Civil formando parte do bando nacional.
Esta instantánea foi sacada un día da festa do seu pobo e ten gran significado para a familia xa que foi das primeiras na vila xa que ó estar illada dun núcleo urbano importante os adiantos eran menores en comparación con outros lugares de España e por suposto de Europa. Uns bos exemplos do atraso na zona eran a falla medios de transporte ou de alimentos frescos como o pescado xa que ó ser unha zona de interior se chegaba dito produto era enlatado , seco ou salgado.
As romarías daquela época eran moi diferentes ás de hoxe en día porque todo o pobo se reunía no mesmo lugar para comer como se dunha gran familia se tratase, cando chegaba a noite a xente íase desprazando ó campo da festa, onde pasaban horas bailando e cantando.
Como dixen no inicio aquel ano do 37 non toda a familia Gómez Varela estaba vivindo a festa . Dous dos fillos do meu bisavó, Genaro e José foran escollidos xunto con outros rapaces das vilas do redor polo exército franquista para formar parte dos nacionais, e defender a unidade política de España que pensaban ameazada polo aumento dos nacionalismos periféricos propiciados pola constitución republicana. Os dous irmáns foron trasladados a Madrid. Genaro regresará a casa, a José o matárono o penúltimo día da guerra. Cada un dos bandos identificábase coa dereita e a esquerda política.

martes, 12 de enero de 2010

O MEU LIBRO PREFERIDO por Ismael

O meu libro preferido o manga Naruto. Eu coñecín este comic fai dous anos cando estaba vendo a televisión e apareceu a serie animada co mesmo protagonista. Despois sentín curiosidade por saber máis e comencei a ler os comics. Agora sigo coleccionando os comics e xa teño máis de 30. Este manga xaponés gustame moito porque trata dun rapaz de 12 anos que todos rexeitan porque ten encerrado un monstro dentro, o único que busca o rapaz é o receñecemento dos demais a partir de aí vai facendo amigos entre eles dous dos seus compañeiros de clase e o seu mestre. Os libros que me gustan soen ter a mesma temática, aínda que tamén me gustan os libros de detectives. Este comic foi creado no ano 1999 e aínda sigue publicándose hoxe. A serie animada comezou a emitirse no ano 2002 e como o comic sigue emitíndose. Naruto converteuse no comic/serie dos máis vistos de Xapón. O seu autor é Masashi Kishimoto, famoso dibuxante nacido no ano 1974 en Nagi(Xapón) de pequeno era gran fan de Dragon Ball a serie que emitía a galega.