A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
jueves, 17 de enero de 2013
Cine na biblioteca do IES de Monterroso
Aínda que esperabamos unha maior afluencia de público, agradecemos enormemente a asistencia de pais, alumnos e profesores que disfrutaron do filme "14 Kilómetros" na Biblioteca do centro.
A película fíxonos reflexionar sobre o longuísimo e durísimo camiño que milleiros de africanos percorren para cruzar o Estreito de Xibraltar e chegar a Europa donde teñen a esperanza de atopar unha vida mellor. Nós coñecemos imaxes e cifras de inmigración clandestina que chega exhausta nos caiucos, agora ben; podíamos imaxinarnos ese sufrimento a través do deserto? Seguramente non. O filme do director cordobés Gerardo Olivares nos achega ese mundo descoñecido para nós.
"14 Kilómetros" amósanos tamén o amor e a amizade a través dunha fermosa fotografía.
jueves, 27 de diciembre de 2012
O cadro da semana: A Sibila Délfica da Capela Sixtina
A
Sibila Délfica forma parte das pinturas da Capela Sixtina,
realizadas por Miguel Anxo no século XVI. O gran artista italiano
do Renacemento levou a cabo un gran programa pictórico no que a
finalidade era a propaganda do Papado de Roma.
Escenas
como a Creación, o Xuízo Final xunto a episodios do Antigo
Testamento, as figuras dos profetas e as Sibilas forman parte deste
gran fresco da Capela Sixtina do Vaticano.
As
Sibilas aparecen aquí porque ellas anunciaron a chegada de Cristo.
Tiñan as máxica facultade de adiviñar op futuro. A Sibila Délfica
reúne todas as características da pintura do xenio do Renacemento:
cores frías (verdosos, azuis), rostro moi expresivo e corpo
escultórico, case masculino.
A
Sibila Délfica é a máis bela das que se presentan na fermosa
Capela Sixtina.
Libro.estrela: "Marcas de nacemento"
Un
acontecemento terrible tivo lugar durante a infancia da bisaboa Erra
e as súas consecuencias exténdense ao longo de varias xeracións.
É un libro sobre o impacto dos acontecementos políticos e
familiares, sobre as lembranzas e os sentimentos.
A
novela iníciase en California no ano 2004 co mimado Sol; continúa
en 1982 co seo pai Randall cuxa infancia transcorre en New York e
Haifa; prosegue coa a súa avoa Sadie nos anos 60 en Toronto, e
remata con Erra, a súa bisavoa na Alemania da II Guerra Mundial.
Unha
marca de nacemento une a todos os familiares.
Impactante
final, non volo perdades.
Etiquetas:
club lectura,
dinamización lectora,
libro estrela,
novela contemporánea
lunes, 10 de diciembre de 2012
Teatro en Francés: "O avaro" de Moliere
O pasado mércores día 5 de decembro o alumnado de Francés do Ies asistíu á representación da obra "O avaro". Trátase dunha das obras clave da historia do teatro en francés e tamén unha das obras máis relevantes do seu autor, Moliere. A historia plasma o lado máis mezquino do home, o egoísmo polo material, que supera aos demáis sentimentos do ser humano. Esta obra do Barroco francés foi estreada en 1668 en París.
Aquí van algunhas das opinións dos asistentes ó evento que tivo lugar no colexio San José de Lugo.
Vanessa Coucheiro de 2º ESO: "Gustoume a obra, sobre todo a interpretación dos actores, moi bos. Algunhas partes da historia non as entendín moi ben, pero sí o sentido xeral da obra. Foi divertida"
Susana Varela de 2º ESO: "Gustoume, entendíase moi ben xa que falaban en francés e castelán. Era divertida e didáctica ao mesmo tempo"
Nerea Varela de 2º ESO: "Gustoume, a coordinación dos actores foi moi boa, sabían moi ben o seu papel. En Lugo aproveitamos para ir á catedral, a contemplar as pinturas da igrexa que descubriron hai pouco"
Aquí van algunhas das opinións dos asistentes ó evento que tivo lugar no colexio San José de Lugo.
Vanessa Coucheiro de 2º ESO: "Gustoume a obra, sobre todo a interpretación dos actores, moi bos. Algunhas partes da historia non as entendín moi ben, pero sí o sentido xeral da obra. Foi divertida"
Susana Varela de 2º ESO: "Gustoume, entendíase moi ben xa que falaban en francés e castelán. Era divertida e didáctica ao mesmo tempo"
Nerea Varela de 2º ESO: "Gustoume, a coordinación dos actores foi moi boa, sabían moi ben o seu papel. En Lugo aproveitamos para ir á catedral, a contemplar as pinturas da igrexa que descubriron hai pouco"
Un pouco de historia: Día 10 de decembro; Día Internacional dos Dereitos Humanos
A celebración do 10 de decembro do día dos Dereitos Humanos ten a súa orixe no ano 1950. Neste ano a Asamblea Xeral das Nacións Unidas convidou a todos os Estados e organizacóns interesadas a que o 10 de decembro observaran o Día dos Dereitos Humanos (resolución 423 (V)).
Nese Día conmemórase a aprobación pola Asamblea Xeral da Declaración Universal de Dereitos Humano de 1948.
A ONU pretendía con esta Declaración Universal sentar as bases dun compromiso ético para obligar a todos os Estados a cumprir e facer cumprir unha serie de normas.
Lembremos que despois da Segunda Guerra Mundial, nos inicios da Guerra Fría, cando todavía doían as feridas do nazismo e ante as situacións de inxustiza que se vivían nos cinco continentes, varios países sentiron a necesidade de unirse nunha organización supraestatal que garantizara o respeto e a dignidade das persoas, e que evitara a repetición de feitos tan lamentables como a vulneración da dignidade da persoa e o respeto a súas peculiaridades étnicas, relixiosas o sexuais
Os Dereitos Humanos sostéñense sobre dous piares esenciais da Humanidade: a libertade e la plena igualdade entre todos os seres humanos. Condicións inherentes a todo ser humano sen nengún tipo de limitacións, sexan éstas: culturais, económicas, étnicas, sexuais, etc.O concepto de Dereitos Humanos fai referencia ao sentido da dignidade humana antes que calqueira formulación xurídica ou política.
Nun principio, a declaración levaba por título "Os dereitos do home" pero Eleanor Roosevelt, Presidenta da Comisión e feminista, plantexou que o termo excluía ás mulleres e consiguíu que no seu lugar figurara "Dereitos Humanos"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




