No século III a.C, o emperador de China, Qin Shi Huang, ordeou queimar obras filosóficas e de historia que consideraron perigosas. Os autores destas obras foron enviados ao norte de China a traballar como convictos na construcción da Gran Muralla.
En España, en 1480, Torquemada promoveu a queima de libros que non fosen cristiáns co fin de preservar a fe católica. A Inquisición decidíu que os libros xudeus foran queimados no lume.
No século XVI os árabes que vivían en España foron obrigados a entregar todos os seus libros as autoridades e gran parte deles foron queimados.
Durante a Revolución Francesa, Robespierre ordeou a queima que defendían o catolicismo, o clericalismo e o absolutismo.
En 1939, tras a Guerra Civil española, a Falanxe queimou libros na Universidade Central en Madrid. Arderon libros de grandes pensadores como Freud, Rousseau, Voltaire, Marx ou Gorki entre outros.
En 1976 tras o golpe de estado de Videla en Arxentina tamén se ordeou unha queima colectiva de libros, entre os que estaban obras de Proust, García Márquez, Saint Exupery, Neruda ou Vargas Llosa.
A queima da Biblioteca de Alexandría no século I a.C. (descoñécense as razóns deste feito) repítese coa queima da biblioteca de Saraxevo en 1992, froito da barbarie humana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario