lunes, 11 de noviembre de 2013

Lector@s da Ulloa: "Relato de un náufrago"


Comezamos a nova andaina do xa consolidado club "Lector@s da Ulloa" coa lectura da obra "Relato de un náufrago" do recoñecido Premio Nobel Gabriel García Márquez.
Trátase dunha historia real, un naufraxio que aconteceu no ano 1955 no Mar Caribe, no traxecto dun buque de guerra entre a costa estadounidense e  Colombia. O autor entrevistouse co protagonista, e o resultado foi esta historia dun náufrago que sobreviviu dez días nunha balsa no mar.
Unha obra que sobrecolle e impacta enormemente. O relato é tan crú e veraz que o lector ponse na pel do náufrago: a sede e a fame, a forza dos elementos naturais, os tiburóns como perigo constante... e o instinto feroz de supervivencia. Unha gran obra en poucas páxinas que nos envolve e non nos deixa pousar o libro unha vez iniciada a lectura. Recomendable para todas as idades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario