jueves, 27 de junio de 2013

Excursión dos clubs de lectura a Allariz-Ourense


Despois dun curso de boas lecturas, os clubs de lectura do IES de Monterroso "Enrédate coa lectura I", "Enrédate coa lectura II" e "Lector@s da Ulloa", compartiron onte experiencias nuha saída a Allariz e Ourense.
Na vila natal de Vicente Risco fixemos un percorrido polo fermoso casco histórico, así como a visita aos museos do coiro, do liño, do muíño e do xoguete.
O xantar foi xunto ao literario río Arnoia donde algúns atrevéronse a bañarse nas súas augas.
Tras unha breve visita a Ourense, pola tarde, disfrutamos enormemente das termas de "A Chavasqueira" donde realizamos un circuito termal completo.
Día de cultura, ocio e relax despois dun curso de lecturas trepidantes. Vos agardamos para o vindeiro curso 2013-14.
Bo verán e boas lecturas. Grazas pola vosa colaboración.








No hay comentarios:

Publicar un comentario