jueves, 19 de enero de 2012

Un século do Titanic



O "Titanic" foi, no seu tempo, o barco de pasaxeiros máis grande e luxoso do mundo. Iniciou a súa viaxe inaugural o 10 de abril de 1912 partindo do porto de Southhampton (Inglaterra) con destino a New York. Catro días máis tarde, ás 23.40 h do 14 de abril, o barco chocou cun iceberg ao sur das xeadas costas de Terranova e afundiuse ás 2.20 horas do 15 de abril. O sinistro saldouse coa morte de máis de 1500 persoas. O "Titanic" só levaba botes salvavidas para 1178 persoas. De todos xeitos só se salvaron 705 persoas. A razón foi que non se seguíu o protocolo de salvamento e evacuación da nave.
O "Titanic" deseñouse usando algunhas das máis avanzadas tecnoloxías daquela época. sEn embargo o denominado "Insumerxible" quedou partido en dous debido á grieta que se producíu consecuencia co choque do iceberg. Hoxe en día, no fondo das xélidas augas de Terranova podemos atopar os restos daquel luxoso crucero.
Este ano cúmprense cen anos do afundimento do "Titanic". A película, de 1997, recrea o ambente e o luxo daquel barco que se afundíu case na véspera da I Guerra Mundial. É unha película dirixida por James Cameron e protagonizada por Kate Winslet e Leonardo Di Caprio e que podedes atopar na biblioteca do centro. Baséase nunha historia de amor ficticia entre dous pasaxeiros de moi diferentes estratos sociais pero moitos dos secundarios son persoaxes reais que viaxaron na única viaxe do "Titanic". O director vai estrear neste ano unha versión en 3D que estará nos cines en abril, cen anos despois do acontecemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario