domingo, 22 de mayo de 2011

"Enrédate coa lectura I":" Rebelión en la granja"


O vindeiro xoves día 26 de maio terá lugar a última sesión deste curso do clube "Enrédate coa lectura I". Nesta ocasión o libro a comentar é "Rebelión en la granja" un clásico da literatura do século XX, obra de George Orwell. Nunha granxa, os animais crean un goberno propio do cal os humanos son expulsados. Os porcos son os animais que actuan como líderes e como corruptos tiranos. Trátase dunha mordaz sátira sobre a tiranía e máis concretamente sobre o estalinismo, un réxime monolítico e dictatorial que vivíu a URSS entre finais dos anos vinte ata 1953, ano da morte de Stalin. Varias lecturas, varios significados. Anímate a ler esta interesante obra de Orwell, autor tamén de" 1984".

No hay comentarios:

Publicar un comentario