miércoles, 26 de enero de 2011

DIA DA PAZ




Seguimos traballando no Día da Paz, a obra estrela destas semana será O Guernica, de Pablo Picasso, que vai máis alá de narrar un feito sucedido en Guernica o 26 de Abril de 1937 , sendo unha obra intemporal que serve para ilustrar a crónica do horror tódaslas guerra e actos violentos
Os alumn@s de 1º da ESO traballaron esta obra en Educación Plástica e Visual, primeiro procedemos a lectura do libro Guernica, publicado pola editorial Kalandraka, comentamos a lectura e buscamos os termos que non coñecíamos.
Tamén empregamos un traballo realizado polo profesor a Néstor Alonso , Guernica, crónica del horror, para seguir profundizando no suceso.
E incluso os alumn@s contáronnos algunha historia sobre a Guerra Civil que oíran nas súas casas.
O resultado deste traballo foi a exposición do exercicio sobre cores cálidas e frías, no que os alumn@s coloreaban diferenciando fondo e figuras con cores frías e cálidas segundo elexisen.
Ademáis dun mural realizado con ceras no que se seguía o mesmo procedemento, ademáis escribir o significado de cada personaxe do cadro.
Este foi o resultado espero que vos guste:

Tamén fixemos un punto de interese cas películas e libros de temática bélica e pacifista, por desgracia as guerras ou as ambientacións nas guerras son máis comúns cas historias de paz, aínda moita da temática pretenden servir de reflexión sobre as consecuencias da violencia e buscan precisamente asalzar la paz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario