martes, 12 de enero de 2010

HISTORIA DUNHA FOTO: A VODA por Ismael

Esta foto é do ano 1930 no concello de Antas de Ulla, na aldea de Casa de Naia. É un retrato nupcial do meu bisavó e a miña bisavoa. Formaban parte das clases sociais máis humildes, que se dedicaban a traballar a terra e a gandería. Ningún tiña estudos e dende pequenos dedicáronse ó traballo no campo primeiro axudando ós país logo de xeito autónomo. Naceron os dous en Casa de Naia froito de seu matrimonio tiveron un fillo e unha filla, por mor de complicacións no segundo parto a miña bisavoa faleceu.
Naqueles tempos moitas mozas casaban de negro unha estética algo inquietante, pero sen dúbida fascinante. O máis misterioso é a raíz desta tradición, na que ninguén se pon de acordo. Uns din que si perderan a algún ser querido antes de casar, seguían o loito na súa voda. Outros que era una maneira de aforrar e poder reutilizar o traxe con posterioridade, incluso hai quen di podería ser unha maneira de dar solemnidade á cerimonia relixiosa ou de achegar humildade ante o sacramento. Pero nada está claro.
Na tradición moderna, na cultura occidental, a cor dos vestidos de voda é branco. Utilizado neste sentido, o branco de voda inclúe tons pastel tales como ovo, cru ou marfil. A popularidade desta cor pode remontarse a 1840 ano en que se produciu a unión da raíña Victoria a Alberto de Saxe-Coburg. A raíña elixiu un vestido de cor branca para o acontecemento. A fotografía oficial do retrato de voda foi cumpridamente difundida e moitas noivas optaron por un vestido similar en honra a esa elección. Antes da era victoriana as noivas podíanse casar de calquera cor excepto vermello (que estaba relacionado coas prostitutas). O vestido branco veu a simbolizar a pureza do corazón e a inocencia da nenez. Unha atribución máis recente suxeriu que a cor branca simbolizaba a virxindade, pero esta pauta non cadra a miúdo con que as noivas utilicen os vestidos brancos para as súas sucesivas unións. Orixinariamente, o azul era a cor o que se relacionaba coa pureza.

3 comentarios:

  1. Estades a facer un magnífico traballo. Felicítovos a vos e a quen vos vaia guiando nesta senda.
    Todo un pracer lervos.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. CARLOS, Xeografía e Historia12 de enero de 2010, 11:46

    Grazas polos folgos a Chousa da Alcandra, o teu blog é unha pequena xoia. Unha aperta forte do coordinador desta aventura que se chama Historia dunha fotografía.

    ResponderEliminar
  3. O voso sí que ten mérito. Un xeito de ensinar disfrutando e facendo disfrutar aos demáis...

    ResponderEliminar