A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
miércoles, 14 de enero de 2009
PARA COMEZAR UN POEMA
Estrada
O indicador decía Con niebla, no se detenga
mais a néboa chegou a ser tan mesta
que detivo coidadosamente o coche.
Botouse fóra, andou uns pasos,
pero un medo lendario fíxoo retroceder.
Non había ruído nin eco
como se todo o existente se esvaera.
Puxo a radio e só escoitou unha música árabe,
que coño, tan ao Norte.
Foi entón cando se viron aquelas siluetas no parabrisas.
Eran vacas,
enormes cabezas con ollos de auganeve.
MANUEL RIVAS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario