Visituonos en Novembro do 2008 pero non podíamos comezar este blog sen citala. A escritora Rosa Aneiros dialogou cos alumnos do seu libro Resistencia. Contounos as pequenas historias que se esconden detrás do proceso creativo dunha novela. Do valor que ten esforzarse e pelexar polo que cremos. Da literatura como necesidade para expresarse. Do valor da curiosidade. Dos contos que unha escoita cando é nena. Resistencia é unha novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer, fermosa e memorable; toda unha singradura a través da historia portuguesa da man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario