martes, 25 de febrero de 2014

Cadro estrela da semana: "A habitación de Arles" de Vincent Van Gogh




 Van Gogh tivo unha vida moi atormentada e difícil. Isto plásmase nos seus cadros. O artista traslada o seu mundo interior ao lenzo. Amosa ao espectador as súas vivencias a través do uso arbitrario da cor, a través de pesadas e pastosas pinceladas así como co uso das espirais e as liñas moi grosas.
“A habitación de Arles” representa a propia habitación do pintor, os obxectos aparecen por duplicado (sillas, almofadas, cadros…) representando así os desexos dun amigo desaparecido.
A cor azul representa a paz que él anhela e o amárelo representa a soidade, moi constante na súa vida. A perspectiva é angustiosa, hai una deformación do espazo que adianta o cubismo.
Van Gogh é un dos representantes do Posimpresionismo, movemento pictórico que se desenvolve en París a finais do século XIX. Gauguin, Cezanne e Toulouse Lautrec son outros posimpresionistas que amosan o seu interior nas súas obras.

Nelí Cereijido, 2º BAC A

viernes, 21 de febrero de 2014

24 de febreiro: Día de Rosalía



Para celebrar o  Día de Rosalía queremos lembrar os poemas que diferentes escritores e escritoras adicaron á poetisa galega máis internacional.

 Son os que seguen:

Luz Pozo Garza "Hai unha voz", "Benzoada", "Cantiga. Funeral de Padrón" e "Falando con Rosalía"
Luis Pimentel, "Nai de Galicia" e "Rosalía"
Xohana Torres, "Rosalía"
Mª Xosé Queizán "Tirar do fío"
Arcadio López Casanova, "Palabras na tarde pra Rosalía"
Ana Romaní, "Rosalía de Castro, Emily Dickinson, Edith Södergran", "Rosalía tan amiga"
Ramón Cabanillas, "A Roaslía de Castro"
Curros Enríquez, "A Rosalía"
Federico García Lorca, "Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta"
Teixeira de Pascoaes, "Oh Santa Rosalía da Saudade"


Maxia e ilusión no IES de Monterroso




Chámase Nacho, ten 13 anos, e estudia 1º de ESO no IES Ánxel Fole de Lugo. O martes estivo na nosa Biblioteca compartindo  maxia e ilusión cos membros dos clubs de lectura e os que eles quixeron invitar (con cabía un alfinete na biblioteca). Dos libros saían naipes, aros (que logo se unián e separaban por arte de maxia), cordeis , moedas,…. Todo, todo  o que vos poidades imaxinar. Nos libros está todo. Todo é maxia e ilusión.

jueves, 20 de febrero de 2014

A queima de libros na historia

"Farenhait 451" de R. Bradbury nos presenta un mundo no que a principal misión dos bombeiros é a queima de libros, xa que estos fan pensar. "Farenhait 451" é unha obra de ciencia ficción, sen embargo, ao longo da historia producíronse varias queimas de libros. Estas foron unha ferramenta por parte das autoridades tanto políticas como relixiosas para suprimir ideoloxías discrepantes que supoñían unha ameaza para a conservación do seu poder na sociedade.

No século III a.C,  o emperador de China, Qin Shi Huang, ordeou queimar obras filosóficas e de historia que consideraron perigosas. Os autores destas obras foron enviados ao norte de China a traballar como convictos na construcción da Gran Muralla.

En España, en 1480, Torquemada promoveu a queima de libros que non fosen cristiáns co fin de preservar a fe católica. A Inquisición decidíu  que os libros xudeus foran queimados no lume.
No século XVI os árabes que vivían en España foron obrigados a entregar todos os seus libros as autoridades e gran parte deles foron queimados.

Durante a Revolución Francesa, Robespierre ordeou a queima que defendían o catolicismo, o clericalismo e o absolutismo.

En 1933 en Berlín, os nazis queimaron libros de autores xudeus e aqueles considerados anixermánicos. O filósofo Freud, ao enterarse que os seus libros foran queimados, exclamou: "Canto avanzou o mundo, na Idade media o queimado sería eu!

En 1939,  tras a Guerra Civil española, a Falanxe queimou libros na Universidade Central en Madrid. Arderon libros de grandes pensadores como Freud, Rousseau, Voltaire, Marx ou  Gorki entre outros.

En 1976 tras o golpe de estado de Videla en Arxentina tamén se ordeou unha queima colectiva de libros, entre os que estaban obras  de Proust, García Márquez, Saint Exupery, Neruda ou Vargas Llosa.

A queima da Biblioteca de Alexandría no século I a.C. (descoñécense as razóns deste feito)  repítese coa queima da biblioteca de Saraxevo en 1992, froito da barbarie humana.




martes, 4 de febrero de 2014

Música de película:"Los descendientes"


 "Los descendientes" é unha película de 2011 dirixida por Alexander Payne e protagonizada por George Clooney.
Matt King (George Clooney), casado e  pai de dúas nenas, vese na obriga de reconsiderar o seu pasado e encauzar o seu  futuro cando a súa muller sofre un terrible accidente de barco en Waikiki. Matt intenta torpemente recompoñer a  relación coas súas  fillas –a precoz Scottie, de 10 años (Amara Miller), e a rebelde Alexandra, de 17 (Shailene Woodley)–, á vez que se enfronta á  difícil decisión de vender as terras da  familia. Herdanza da unión entre a realeza hawaiana e os misioneiros, os King posúen algunhas das últimas zonas vírxenes da praia tropical das illas, dun valor incalculable.

É a  primeira película americana cuxa banda sonora componse exclusivamente con música hawaiana, creada por recoñecidos mestres do género, tanto modernos como clásicos entre os que se atopan Gabby Pahinui, Ray Kane, Keola Beamer, Lena Machado, Sonny Chillingworth , Jeff Peterson, e Dennis Kamakahi.
"Los descendientes" é unha das novidades da biblioteca este ano que acaba de comezar. Emocionante e fermosa película. Recomendable.