miércoles, 26 de octubre de 2011

O Samaín e Halloween



O Samaín é unha celebración de orixe celta que a tradición cristiá converteu no Dá de Todos os Santos. A noite do 31 de outubro entra o Ano Novo Celta, simbolizando o fin do verán e a chegada do outono. Nesa noite as ánimas atravesan a porta que separa o mundo dos vivos do mundo dos mortos. Estes entran nas casas para quentarse e tomar algún alimento.

Halloween é a Noite das Bruxas, celébrase nos países anglosaxóns na véspera de Todos os Santos. Nesa noite colócanse candeas nas casas polos defuntos, xa que estes visitan aos seus familiares desde o mundo dos mortos.

martes, 25 de octubre de 2011

TEMAS SOCIAIS E HISTÓRICOS EN BANDA DESEÑADA

Como ben sabedes gustamos os cómic con temas sociais ou históricos, como Maus, Persépolis ou Mi año, a seguinte lectura será A Ola, a novela do estadonidense Morton Rhue adaptada ao cómic por Stefani Kampnan, en este cómic mostrasenos o experimento levado a cabo por un profesor de estadosunidos para explicar o nazismo,como o indivisuo sigue as masas, nun intento de formar parte de algo grande, dunha unidade dun todo, e como o individuo se vai alienando dentro do grupo chegando a marxinar a quen non forme parte do mesmo.

Espero que vos guste e que vos faga meditar tanto como a nós.

Agradecemos publicamente o préstito do Biblioteca Pública de Redondela dos exemplares para o Club de Lectura.


OS MEGATOXOS CHEGAN O IES

A segunda lectura para de "Enrédate coa lectura II" é Os Megatoxos, O aprendiz de druída, co que ademais de coñecer a catro intrépidos rapaces con poderes paranormais tras furir un accidente, coñeceremos algo mais sobre os celtas.

Espero que este libro vos intere e vos guste xa que temos pensado ler polo menos outros dous mais.

Como actividade para facer depois de comentar a ficha de argumento, persoaxes, opinión personal...Teredes que imaxinarvos que poder nome e aspecto teríades se fósedes un megatoxo. Ilustraremos o noso personaxe ou emblema (pode ser tipo celta).

Buscando a Drácula


Recreación da historia do vampiro máis célebre da literatura universal. En 1999, un xove bibliotecario atopa fortuitamente o diario da viaxe de Jonathan Harker a Transilvania no século XIX. Éste foi o inspirador do clásico "Drácula" de Bram Stoker en 1897. Un novo punto de vista da aterradora historia do inmortal Drácula.

lunes, 24 de octubre de 2011

POLA CARA

ESTE DIRECTOR SOE TER PESADELOS ANTES DE NADAL.

SOLUCIÓN ANTERIOR: MICAHEL JORDAN.