sábado, 29 de enero de 2011

"La Voz de Galicia":Un galego en Islandia

"La Voz de Galicia"
O galego-islandés Elías Portela presentou "Cos peitos desenchufados"

En Islandia chámase Elías Knör e a revista Poety Review, o referente poético no Reino Unido e unha gran parte do mundo anglosaxón, recolleu hai uns meses a súa obra como a dun dos tres poetas islandeses máis importantes. Onte, na Feria do Libro da Coruña, era Elías Portela Fernández (Cangas de Morrazo, 1981) presentando o seu novo poemario Cos peitos desenchufados, un libro publicado por Barbantesa, «un novo proxecto editorial feito en Galicia que pretende ser un referente cultural na chamada literatura de muller, as letras africanas e outras literaturas menos visibles», explicou a editora Penélope Pedreira.

Sobre este novo poemario, o seu autor dicía onte que se trata precisamente «dun diálogo de Elías Portela con Elías Knör, que é o meu pseudónimo en islandés». De feito, «no prólogo explico as miñas teorías lingüísticas, a miña estética, a miña proposta de xogar coas identidades». Tamén salientou que o novo poemario ten moitos capítulos, «moitas capas de lecturas, con moitos poemarios engadidos, diferentes xéneros desde poemas a dramas teatrais; é como se fose o guión dunha película».

Portela considera que, dende o punto de vista teórico literario, «hai moito que sacar neste libro, pero iso xa é cousa de académicos, críticos e demais». De todos os xeitos, salienta que os versos «son asequibles, entendibles para todo o mundo», e asegura que están asentados «na forma da palabra, das imaxes; cada poema realízase plenamente en si mesmo».

Para este escritor, que leva dez anos entre Galicia e Reikiavick (a capital de Islandia), a creación «é un proceso moi longo» e, no seu caso, vai reescribindo, «pasando dunha lingua a outra» e pon como exemplo que un poema que escribira inicialmente en islandés «pasou logo ao inglés e finalmente quedou como un poema en galego; é un proceso de dar voltas e máis voltas».

Portela xa ten en mente outros novos libros, «dous en galego e un en islandés, eses son os proxectos, pero a ver que pasa». De todos modos, tamén vai preparar a súa volta a Islandia, «onde non se sabe que son estranxeiro, e se vou a presentar alí un libro terei que preparar algo», apuntaba na tarde de onte.

Este verán "La Voz de Galicia" recollía este artigo sobre o galego-islandés Elías Portela, poeta e traductor que compartirá experiencias co clube de lectura de pais "Lectr@s da Ulloa" o próximo xoves día 3 de febreiro

"Lector@as da Ulloa": "Anxos do Universo"



"Anxos do universo" do islandés Einar Már Gudmundsson, é unha fermosa obra que narra a vida de Páll desde a súa infancia ata o desenvolvemento dunha terrible enfermidade mental que o leva ó seu ingreso no psiquiátrico de Kleppur. A novela baséase, mesturada coa ficción, na biografía do propio irmán do autor. A gran dimensión poética da novela non nos deixa indiferentes. De fondo, a particular beleza e o lirismo da paisaxe islandesa.

"Anxos do universo" foi traducida do islandés ó galego polo poeta e tradutor da Editorial Rinoceronte Elías Portela que estará connosco o próximo xoves día 3 de febreiro compartindo experiencias sobre o libro co clube de lectura de pais "Lector@as da Ulloa". Un verdadeiro luxo, sen dúbida.

Clube de lectura "Lector@as da Ulloa": El museo de la inocencia


"El museo de la inocencia" é unha obra do Nobel de Literatura, o turco Orhan Pamuk. Conta a historia de amor de Kemal, un membro da alta burguesía de Estambul, con Füsun, unha parente pobre moi fermosa e da que se namora perdidamente. O que comeza como unha aventura vaise convertindo para Kemal nunha verdadeira obsesión, ata chegar o extremo de reunir obxectos cotiás da vida de Füsun que formarán parte dun museo que será a consolación do protagonista. É o museo da inocencia no que cada pequeno obxecto forma parte dunha grande historia de amor. "El museo de la inocencia" é unha novela fermosísima na que a verdadeira protagonista é a cidade de Estambul. Belísima.

Clube de lectura: "El guardián entre el centeno"


Maravillosa obra, unha das grandes da literatura norteamericana e unha novela de culto durante xeneracións. "El guardián entre el centeno" de J. Salinger, conta a historia de Holden Caulfield, un adolescente con problemas, consecuencia da temprana morte do seu irmán Allie e da case inexistente relación cos seus pais. Holden é expulsado de varios colexios e vaga pola cidade de New York, amosándonos o mundo da prostitución, das drogas e do alcohol. "El guardián entre el centeno" é unha obra publicada no ano 1951, pero o seu vocabulario e os problemas de soidade do protagonista, remítenos ao vacío existencial e a actitude de moitos adolescentes actuais, dste mundo do século XXI. A Carla Ferreiro e a María Rico pareceulles moi emotiva a relación que garda Holden coa súa irmá Phoebe, a que vai visitar a escondidas. A beleza e a dozura da pequena encandilounas, a verdade. Tamén comentamos no clube a cultura e a sensibilidade do protagonista pola literatura, hai referencias na novela a outra das grandes obras norteamericanas do século XX, "El Gran Gastby" de Scott Fitgerald, ademáis da obra "Fuera de África" de Isak Dinesen, entre outras.
O título do libro "El guardián entre el centeno" fai referencia aos versos dun poema que fala da protección dos nenos, Holden é o protector de Phoebe, desexa coidala, algo que nunca fixeron con él. El desexa ser ese vixía entre o centeo, entre os nenos. Como curiosidade, sabes que Chapman o asasino de John Lennon tiña esta obra como novela de cabeceira xunto coa Biblia. Rematamos cun fragmento bastante inquietante desta maravillosa novela; Holden pregúntalle a un taxista de New York:
"Esos patos del lago que hay cerca de Central Park South...Sabe qué lago le digo,¿ verdad?¿Sabe usted por casualidad a dónde van cuando el agua se hiela? ¿Tiene usted idea de dónde se meten?
¿Qué se ha propuesto, amigo?-me dijo-¿Tomarme un poco el pelo?"

viernes, 28 de enero de 2011

Clube de lectura: A pomba e o degolado


Como cada último xoves de cada mes, reuniuse o clube "Enrédate coa lectura I". Como en decembro estivemos tan ocupados coas avaliacións, a tarefa do clube en xaneiro foi dobre e lemos "A pomba e o degolado" de Fina Casalderrey e "El guardián entre el centeno".
"A pomba e o degolado" cóntanos a historia dun rapaz, Añadir imagenAndré, que sofre acoso no instituto. Ademáis, a súa vida familiar é bastante triste. A través do chat logra evadirse da súa situación persoal atopando a verdadeira amizade. O título do libro fai referencia aos nomes que os dous personaxes principais utilizan no chat: Pomba e Degolado. No clube comentouse, entre outras cousas, a cantidade de nomes de paxaros que aparecen na novela: pomba, cuco, pimpín, xílgaro, merlo, canario, pardal etc. Unha verdadeira lección de ornitoloxía. Ademáis tamén procurouse información sobre as referencias culturais que se citan na obra; desde John Silver, o pirata da novela de Stevenson, "A illa do tesouro", ata Allan Poe ou Isabel Allende, dous escritores que xa coñecemos bastante ben. Tamén hai referencias ó poeta Ángel González e ó cantautor Pedro Guerra.
Os rapaces do clube estiveron dacordo en que o libro era bastante triste, pero, como dixo a profesora Reme, é unha historia moi acorde coa realidade, que pode estar sucedendo en calquer lugar.