domingo, 28 de noviembre de 2010

SETAS E BOLBORETAS


Este mes xunto ca exposición sobre setas organizada polos Departamentos de Bioloxía-Xeoloxía e Dinamización Lingüística, tamén se expuxo a instalación "BolBoretas" , realizada polo Departamento de Artes Plásticas, que quizo facer un homenaxe a tódolas víctimas de violencia de machista exponendo unha instalación a semana do día Internacional contra a violencia de xénero.
As bolvoretas simbolizan a metamorfosis dun medoñento verme a unha fermosa mariposa LIBREb

ALMANAQUE PARA O 2011

Dende a Biblioteca do Instituto, desexámosvos un feliz 2011 e para eso estamos a diseñar un almanaque especial, aquí tendes o avance de dous dos meses, pero ainda quedan outros 10, quen serán os protagonistas?

NOVEMBRO: NOVAS REUNIÓNS DOS CLUBES DE LECTURA


Este xoves pasado, coma sempre, o derradeiro de mes, tivemos reunión dos clubes de lectura "Enrédate coa lectura I" e "Lector@s da Ulloa".
No club dos rapaces de 3º e 4º da ESO comentamos impresións sobre o libro "El viejo que leía novelas de amor" de Luis Sepúlveda. Tras poñer ideas en común - a algúns gustoulle máis ca outros- buscamos na Internet o lugar donde se sitúa a acción da novela. Trátase dunha fermosa zona no Ecuador, perto de río Nagaritza, área donde nace un dos ríos máis longos do mundo, o Amazonas. A chuvia ecuatorial está presente na meirande parte da narración, a vexetación exuberante envolve ao lector...A novela fíxonos reflexionar sobre a natureza salvaxe, quen se integra nela respetándoa, e quen a invade danándoa. Foi interesante buscar o significado de palabras usadas en Latinoamérica e que aquí descoñecíamos (gringos, papas, cuy...). Tras a reunión, o libro acadou, polo menos para min, un gran lirismo poético.


No club de pais comentouse "La tabla de Flandes" de Arturo Pérez Reverte. A meirande parte dos membros do club a consideraron entretida, xa que a través do xogo de xadrez, íase desmenuzando a trama do libro e a do cadro, o verdadeiro protagonista desta novela. A táboa na novela é unha obra flamenca do pintor Van Huys...Existe esa obra? Modifícase para a acción da narración de Reverte? Parece ser que si existíu o pintor Van Huys pero é posterior a esta época, o que si é certo é que a obra está baseada nos flamencos do século XV, só hai que recordar a famosa "Virxe do Canceler Rolin" de Van Eyck.
Deixando esta cuestión, no libro sucédense unha serie de asasinatos nun elaborado ambiente de anticuarios, restauradores de arte, museólogos, todo coa constante música de Bach de fondo. A búsqueda do asasino fixo vibrar aos lectores da Ulloa!

A próxima cita é doble, o derradeiro xoves de xaneiro comentaremos en "Enrédate coa lectura" as obras "A pomba degolada" de Fina Casalderrey e "El guardián entre el centeno" de J.D. Salinger; e "Os lector@s da Ulloa" xa poden comezar con "Anxos do universo" do islandés E. Gundmunsson e a maravillosa obra do Nobel de Literatura O. Pamuk, "El museo de la inocencia" Son as novelas que inaugurarán o vindeiro ano 2011. Disfrutade delas.

jueves, 25 de noviembre de 2010

CADÁVERES EXQUISITOS


Os cadávares exquisitos non é un manxar de caníbales senon que é unha técnica artística empregada principalmente no surrealismo, que consistía que cada participante no xogo, continuase a frase, conto ou debuxo do seu compañeiro. Un Frankestein de papel por decilo así.
Con ese nome no é de estrañar que lle saían noivos tan pecuriares coma Tim Burton, persoanxe excéntrico e polifatético, que tanto debuxa coma escribe como dirixe unha película. Todos recordaredes o películas de coma La novia Cadáver, Pesadilla antes de Navidad e a máis recente Alicia en el pais de las maravillas. Se vos interesa visitade o segunite enlace
http://tiff.net/timburton/twitter

martes, 23 de noviembre de 2010

Un libro recomendado: El cementerio sin lápidas y otras historias negras


Todos coñecemos a Neil Gaiman xa que fai furor coas súas novelas e relatos góticos ("Coraline "e o "El libro del cementerio") Desde esta semana podedes ver na biblioteca "El cementerio sin lápidas y otras historias negras", unha colección de relatos e na que o autor di o seguinte na Introducción:

Cuando era niño, una etapa de mi vida que aún sigo sintiendo muy cercana, me encantaban los relatos breves. Me gustaban porque me daba tiempo a leerlos de principio a fin en los ratos que podía dedicar a la lectura en aquella época: el recreo, la hora de la siesta o los trayectos en tren. Nada más empezar, la historia me transportaba a un mundo desconocido, y en cosa de media hora, me encontraba de nuevo sano y salvo en mi casa, o en el colegio.
Hay historias que, si las lees a la edad apropiada, te acompañarán el resto de tu vida. Puede que olvides el título, o quién las escribió; puede que con el paso del tiempo no recuerdes con claridad los detalles de la trama, pero si un relato te conmueve en cualquier sentido, pasará a formar parte de ti y se instalará para siempre en algún remoto rincón de tu mente.