martes, 8 de mayo de 2012

Cadro-estrela da semana: "As señoritas de Avignon"



Pablo Ruiz Picasso foi un pintor e escultor español, creador, xunto a George Bracque e Juan gris, do movemento cubista.

Naceu en Málaga en outubro de 1881. Desde 1897 traballa en Barcelona e entra en relación cos ambentes artísticos do modernismo catalán. Alí frecuenta "Els Quatre Gats", lugar de encontro de intelectuais. En 1901 instálase en Madrid donde funda e dirixe a revista "Arte Joven".

Entre 1901 e 1904 leva a cabo os cadros que corresponden a súa Etapa Azul, en cuxas obras dominan os tons azuis.

En 1905 a súa pintura cambia de cor e comeza a denominada Etapa Rosa que se prolonga ata 1906. Nesta etapa os tons son rosas pasteis principalmente.

1907 é considerado o ano do nacemento do Cubismo ó pintar "As señoritas de Avignon". Este movemento rompe coa perspectiva, nos cadros aparecen formas xeométricas e vistos desde diferentes ángulos de visión.

En 1912 introdúcese o Cubismo Sintético que xurde froito da introdución do collage, descuberto por Picasso e con importantes consecuencias na historia da pintura occidental.

A partir de 1917 Picasso comeza unha nova etapa, a denominada neoclásica, caracterizada por formas escultóricas e imaxes grandiosas. Sen embargo, Picasso nunca abandona o cubismo.

En 1924 Picasso déixase influenciar polo Surrealismo. Picasso vai abrindo novos camiños na arte, busca constantemente novas vías, innova continuamente, de aí a súa xenialidade.

En 1936, cando estala a Guerra Civil en España, o goberno da República encárgalle un cadro: "O Guernica". É un compendio do cubismo e unha obra que denuncia a guerra, entendida esta como universal. Na etapa final da súa vida realiza relecturas de grandes obras da pintura universal.

Picasso morre en abril de 1973.

lunes, 7 de mayo de 2012

EL ASESINATO DEL PROFESOR DE MATEMÁTICAS



Coincidindo co trimestre adicado a Jordi Sierra e Fabra, nomeamos libro estrela unha obra do autor relacionada coas matemáticas; El asesinato del profesor de matemáticas, de maneira divertida Jordi Sierra e Fabra trata o odio do alumnado cara a materia de matemáticas. Con esta novela o alumnado aprenaprende a solicionar problemas da vida cotidiá con simples fórmulas matemáticas.
O profesor de matemáticas propón un xogo  a tres alumnos para aprobar as matemáticas. O venres pola tarde, o profesor more, pero, antes de falecer comenta aos alumnos que o sobre que hai no seu peto indicaralles como buscar ao seu asesino.


domingo, 6 de mayo de 2012

Trimestre adicado a Jordi Sierra i Fabra

Este trimestre adicamos o expositor de autores a Jordi Sierra i Fabra, que xunto Stephen King, e Agustín Fernández Paz completan esta nova sección que comenzamos o curso pasado con Arturo Pérez Reverte.
Como vedes a elección de escritores e moi diversa depende da data, no trimestre adicamos o expositor a un mestre das novelas de terror coincidindo co Samaín. No segundo trimestre adicamosllos a Agustín Fernández Paz, como pequena homenaxe por recibir o VII Premio Iberoamericano SM. Finalmenmte, este trimeste adicámosllos un dos escritores preferidos e máis lido polo noso alumnado, Jordi Sierra i Fabra.
Este escritor catalán nacido en Barcelona en 1947, é capaz conmover ao noso alumnado con historias inocentes que esconden crudas realidades(El niño que vivía en las estrellas ou Kafka ou  la muñeca viajera), asesinar a todo o claustro de profesores para espertar o inxenio ( El asesinato de la profesora de lengua ou El asesinato do profesor de matemáticas), ou ensinarnos os perigos de caer nas drogas ou na anorexía (Campo de fresas e Las chicas de alambre). E por iso que adicamos este trimestre este escritor con alma de músico.
Se queredes saber moito, moito mais de Jordi Sierra i Fabra .
Se queredes saber máis sobre el podedes visitar a súa páxina oficial  http://www.sierraifabra.com/
Foto de http://nomevengasconhistorias.blogspot.com.es/ blog moi interesante que non vos debedes perder.

jueves, 3 de mayo de 2012

Día Internacional da Danza: As grandes iconas da danza




Na exposición que ocupa estes días parte das paredes do IES e que ten como obxecto  conmemorar o Día Internacional da Danza,  podedes facer un percorrido polas grandes iconas da danza do século XX; Nijinsky, Nureyev, Margot Fonteyn ou Isadora Duncan como unha pequena mostra deste apaixoante mundo.

29 de abril: Día Internacional da Danza







Para conmemorar o Día Internacional da Danza, ao longo da actual semana, podemos contemplar no IES unha exposición que pretende amosar a danza a través da historia da arte. Atopámonos polo tanto co pintor das bailarinas, o impresionista Degas; co cadro " A danza" do fauve Matisse; coa alegre escena dos bailaríns de Botero co seu peculiar estilo; cos pintores  barrocos Rubens e Poussin,  co expresionista Nolde  ou o vangardista do Futurismo Boccione coa súa bailarina. Unha maneira de unir duas artes; Pintura e Danza.