viernes, 13 de enero de 2012

Exposición: 1911-2011 Centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro


Desde o IES Monterroso queremos conmemorar a través dunha exposición o recén cumprido centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, unha das figuras cumbre da literatura galega do século XX.
Álvaro Cunqueiro naceu en Mondoñedo en 1911. Comezou a estudar Filosofía e Letras en Compostela, carreira que logo deixou para adicarse ó periodismo. Alí frecuentou tertulias con Fernández del Riego, Torrente Ballester, Carlos Maside...Foi un dos primeiros membros do Partido Galeguista aínda que máis tarde militou na Falanxe e colaborou posteriormente en diversas publicacións franquistas e antigaleguistas. Ao remate da guerra Civil, Álvaro Cunqueiro estableceuse en madrid donde traballou no diario ABC. Nos anos 50 comezou a traballar no diario "Faro de Vigo". En 1932 publica o seu primeiro libro de poemas "Mar ao Norde", "Poemas de si e de non" " e "Cantiga Nova que se chama riveira". En 1955 publica en galego "Merlín e familia", a que seguirán "As crónicas do Sochantre" e"O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca"Nos anos 60 publica "A noite vai coma un río", "Se o vello Sinbad volvese ás illas", "Escola de menciñeiros" e "Xente de aquí e de acolá". Ademáis de obras literarias, Cunqueiro tamén escribiu libros de cociña en galego e en castelán. Foi membro da Real Academia Galega e recibiu diversos premios, o Premio Gil Vicente pola súa obra "Cantiga nova que se chama riveira", o Premio Nacional da Crítica por "As crónicas de Sochantre", o Valle Inclán de teatro galego pola súa obra "a noite vaicoma un río" e o Premio Nadal por "Un hombre que se parecía a Orestes". álvaro Cunqueiro faleceu en Vigo en 1981. Os seus restos repousan no cemiterio de Mondoñedo. Na súa lápida pódense ler os seguintes epitafios:

"Aquí xaz alguén que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis" e
"Louvado sexa Deus que me permitiu facerme home neste grande reino que
chamamos Galicia"

jueves, 12 de enero de 2012

"O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido" de Elías Knorr


Elías Knörr é o alter ego de Elías Portela, tradutor e poeta en galego ("Imaxes na pel", 2008 e "Cos peitos desenchufados, 2010) e en islandés. Con este pseudónimo medieval foi escollido coma un dos poetas máis representativos da lírica actual islandesa, na centésima edición de Poetry Review do Reino Unido, xunto a Sjón e Kari Tulinius. En 2010 recibiu o premio Xohán de Cangas á Creación Literaria na súa vila natal. ESte ano ven de recoller en Mondoñedo o 2º Premio de POesía Díaz Jácome para novos creadores cun poemario baseado en Lwyma, unha lingua artificial propia. "O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido" é o seu primeiro libro en islandés (Sjoarinn meo morgunhestana undir kjolnum"). "A obra presenta a un poeta na busca de novas ribeiras. O autor faise mariñeiro para ampliar o horizonte. Os poemas son capturados nas redes igual cá pesca, ou van á deriva polo mar ata que os atopa varados na praia (...)"

Elías Portela estivo co club de lectura de pais "Lector@s da Ulloa" o curso pasado nunha amena charla sobre as súas traducións e a súa obra poética. Con el pasamos unha velada extraordinaria.

Co pseudónimo de Elías Knorr o autor presenta o seu novo poemario na Librería Trama de Lugo o vindeiro martes día 17 a partir das 19.30 horas.

martes, 10 de enero de 2012

Un clásico levado ó cinema: :" Jane Eyre"



"Jane Eyre" é a recentemente estreada película sobre unha das xoias da literatura inglesa do XIX e tamén un clásico universal. A autora é Charlotte Bronté, unha das tres irmás Bronté que destacaron como escritoras nun mundo dominado por homes. De feito, Jane Eyre publicouse baixo un seudónimo masculino. A obra conta a historia dunha xoven que chega como institutriz a unha gran mansión da campiña inglesa. No lento e agobiante transcurrir do tempo, Jane escoita risas estranas e angustiosas. A protagonista acabará descubrindo o gran segredo da mansión do señor Rochester. Amor e misterio mestúranse nesta obra levada ó cinema por Fukunaga e protagonizada por Mia Wasikowskane Michael Fassbender. Un clásico.

Cadro- estrela da semana: "O camiñante sobre o mar de néboa"




"O camiñante sobre o mar de néboa" é unha obra do pintor alemán Caspar David Friedrich, reresentante do Romanticismo. O século XIX comeza coa expansión napoleónica, Napoleón quere levar os logros burgueses da revolución a Europa. Tras a súa derrota en Waterloo, impóñese en Europa a restauración a través do Congreso de Viena. Isto da lugar ás oleadas revolucionarias de signo liberal-nacionalista do XIX. Na segunda metade do século materializaranse as unificacións de Italia e Alemania. Neste cadro de Friedrich exprésase o sentimento do home fronte a grandiosidade da natureza, tema característico do Romanticismo. Exáltase a paisaxe xermana de bosques e néboas encarnación do espírito do pobo alemán. Nesta obra podemos observar a un home no centro da composición sobre unhas rochas e de espaldas ó espectador, algo propio dos cadros de Friedrich. Os elementos atópanse formando unha pirámide ademáis de observar un gran contraste de cores branco-azulados e negros. Outros pintores románticos que exaltan os sentimentos e a liberdade da creación son os pintores Delacroix e Gericault, os músicos Chopin, Schubert, Schumann e Bethoven e os escritores Lord Byron, Keats, Goethe e Víctor Hugo.

Alba González 1º BAC A

miércoles, 4 de enero de 2012

DÍA DA PRENSA : PARA XOGAR E APRENDER

Como ben sabedes o día Internacional da Prensa é o 3 de maio. Pero dende a Biblioteca andamos a preparar actividades e recursos interesantes para os nosos profesores, moitos dos cales empregan a prensa de forma cotiá as súas clases.
Pero para contribuir con eles e para que no día da prensa nos sobre recursos estamos a seleccionar algúns que dos máis interesantes da rede.



Para traballar os textos informativos:






Para traballar a publicidade:






Para traballar os textos de cada día:






Ademais non podemos de deixar de visitar a escolma de recursos da rede realizada por Julia González. Ceip Mestres Goldar. Vigo. Xornais na aula.