martes, 5 de octubre de 2010

COUSIÑA LINDA




Na procura de novo material atopei un blog delicioso de doces ilustracións non deixesdes de provalo:




As ilustracón son de André Neves ,Holly Clifton Brown e MeLisa Peck









viernes, 1 de octubre de 2010

ENRÉDATE COA LECTURA.

Xa está aberto o prazo de inscripción para os clubs de lectura. Este Outono tamén lemos!!!!
Apúntate ti e mais a túa familia.
Información na Biblioteca do I.E.S.
Ilustración de Penelope Bugahall

El otoño es un andante
melancólico y gracioso
que prepara admirablemente
el solemne adagio del invierno.
George Sand

Benvidos ao novo curso 2010/2011!
Este periodo escolar temos en mente novas actividades para dinamizar a Biblioteca do I.E.S. e fomentar a lectura, mais para que estás actividades funcionen, se repitan e se xurdan outras novas fainos falta algo esencial: a túa
colaboración.
Ca ilusión de que participades activamente coa Biblioteca do Instituto nacen novas seccións , como é o muro onde disporedes dun espazo para colgar adicatorias, poesías e pensamentos. Este espazo será físico é virtual, xa que tódalas semanas recollerei as mensaxes e publicareinas nunha entrada do blog, para que sexan imperecedeiras, se tendes fotografías ou debuxos para ilustrar o muro tamén serán publicadas.
Tamén inicio un pequeno concurso sobre a "Frase da semana"tódalas semanas a profesora de Plástica levará escrito no seu bolso unha frase dun persoaxe famoso, se adiviñades quen a dixo e sodes os primeiros en comunicarllo recibiredes un premio.
Seguimos a ter seccións fixas coma é O libro e o cadro estrela, onde recomendamos libros e cadros, esta sección esta aberta a todos os que querades participar. Se queredes recomendar libros e cadros e escribir porque vos gustou publicarase no blog da Biblioteca . Se recomendades 10 libros ao longo do curso e a recomendación está ben alaborada recibiredes un agasallo, ao final do curso.
Este curso tamén queremos facer un concurso de Trivial por cursos, e moitas sorpresas máis.
Esperando vervos pronto pola Biblioteca do Instituto, un saulo. A vacalora


domingo, 13 de junio de 2010

EL NIÑO QUE VIVÍA EN LAS ESTRELLAS





O pasado xoves, o clube de lectura do alumnado pechouse por este curso da mellor das maneiras posibles...coa visita de rapaces e profesoras doutro centro lucense, o Leiras Pulpeiro. Xantamos xuntos no centro e compartimos as impresións e pegadas que deixou o libro de Jordi Sierra i Fabra, El niño que vivía en las estrellas. Unha tarde inesquecible de convivencia e sorrisos. Agardamos devolver visita o vindeiro ano con un libro polo menos tan entretido como o mencionado.

domingo, 2 de mayo de 2010

DÍA DO LIBRO




Unha semana despois do día do libro presentamos as fotos da celebración no IES. Durante a semana do 19 de Abril os alumnos/as adicaron libros os seus compañeiros en pequenas tarxetas de felicitación. Os profes clasificamos as mesmas segundo o alumno a quen ían dirixidas e a continuación unimos as tarxetas a unha rosa. O venres por sorpresa entregamos as dedicatorias nas aulas.