O pasado xoves, o clube de lectura do alumnado pechouse por este curso da mellor das maneiras posibles...coa visita de rapaces e profesoras doutro centro lucense, o Leiras Pulpeiro. Xantamos xuntos no centro e compartimos as impresións e pegadas que deixou o libro de Jordi Sierra i Fabra, El niño que vivía en las estrellas. Unha tarde inesquecible de convivencia e sorrisos. Agardamos devolver visita o vindeiro ano con un libro polo menos tan entretido como o mencionado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario