martes, 19 de marzo de 2013

Un visionario: Julio Verne


Na biblioteca de aula de historia podedes atopar bastantes novidades, entre as que salientamos varias novelas de aventuras de Julio Verne. Entre elas están "Viaje al centro de la Tierra", "La vuelta al mundo en 80 días" y  "De la Tierra a la Luna". 

Tres grandes exemplos da obra deste gran visionario que foi Julio Verne, para moitos considerado o pai da ciencia ficción. Foi un estudoso da tecnoloxía da súa época, ésta da un paso máis nas súas novelas, sempre ó servizo da imaxinación do lector.  De feito, na súa obra" De la Tierra a la Luna", hai moitas semellanzas coa nave Apolo XIII a que chegaría á Lúa case un século máis tarde.



 A obra de Verne tamén pode ser encadrada na novela de viaxes. De feito, o autor viaxou moito ó longo da súa vida, coñecendo moitos lugares de Europa e América do Norte. 


Verne anticipa, nas súas obras escritas no século XIX, o século XX.




No hay comentarios:

Publicar un comentario