Onte, o derradeiro xoves do mes, como xa é habitual, o club de lectura de pais do IES de Monterroso reuniuse na biblioteca do centro para comentar as lecturas de "1984" de George Orwell e "Purga" de Sofi Oksanen.
"1984" como xa publicamos no blog hai unhas semanas é unha dura crítica ao estado totalitario de Stalin, ao asfixiante control dunha sociedade na que o individuo non existe, só está ao servizo da socidade que serve ao estado que todo o ve "O Gran Hemano" de Orwell.
"Purga" é a historia de dúas mulleres, unha anciá e unha rapariga nova que se sentirán unidas por un vínculo moi especial. De fondo, a historia de Estonia, un país ocupado pola URSS que estableceu un control total sobre a poboación en todos os ámbitos da vida e que Alidee, a anciá da novela tivo que vivir. Zara, a muller nova está fuxindo duns perigosos sicarios na Estonia actual. Interesante obra que ten como tema á muller.
Aí vos van unhas opinións dos membros do club:
Sobre "1984" de George Orwell:
Filomena: "Unha obra asfixiante, agobiante...por momentos parecía coma se me estivesen controlando a min"
Asunción: "Penso que o tema do libro podemos trasladalo á actualidade, á manipulación dos medios de comunicación"
Manuel: "O libro gustoume, representa á sociedade da URSS e da súa órbita naquela época, o control absoluto dos individuos..."
Carmen: "Lin esta obra hai moitos anos e supuxo para mín valoroar a liberdade e a democracia"
Isabel: "De lectura obrigada para a xuventude, axuda a comprender os totalitarismos, unha realidade da historia do XX"
Sobre "Purga" de Sofi Oksanen:
Asunción: "De lectura rápida, lin con ansiedade para ver como remataba"
Carmen: "Un tema que me fascina, cóstame entender como o ser humano pode chegar a esos límites (...) O ser humano é capaz de amosar o mellor e o peor de si mesmo"
Miguel: Hai frases para non esquecer, unha delas é" estivera quen estivera sempre te isarían a cabeza (...) sempre había unha bota para aplastarte", referíndose as diferentes ocupacións de EStonia ao longo do XX.
Chus: "O medo está presente ao longo de todo o libro, teñen medo de todo , incluso aos coches"
No hay comentarios:
Publicar un comentario