jueves, 11 de junio de 2009

A BIBLIOTECA MERCA VESTIDO NOVO




Inaguramos a nova biblioteca do Ies despois dun ano traballando arreo polos libros a lectura e a súa difusión entre alumnos, pais e profesores. Queda moito por facer pero xa temos camiñado un bo anaco. A nosa biblioteca é un recuncho para a imaxinación como a aldea irreductible de Asterix, unha máquina do tempo para viaxar lonxe, e ó mesmo tempo para achegarnos ós demáis dunha maneira dialogada compartindo soños tal vez inalcanzables.
Gracias ó alcalde e ó inspector por acompañarnos nun día tan especial, e compartir cos alumnos o cheiro do papel aínda por estrenar.

1 comentario:

  1. Dende a biblioteca do IES Xoán Montes, e dende o meu corazonciño, douvos a máis sinceira noraboa!
    Cantos anos pasei aí e sigo botándovos en falta! Vexo que o voso espíritu esperto anda inspirado, e a nós tamén nos inspira, enlazarémosvos no noso blog xa que tamén hai outros bonitos vínculos que nos unen.
    Déixovos o noso enderezo http://bibliotecaiesxoanmontes.blogspot.com/

    ResponderEliminar