Rematado o curso, o xoves 25 de xuño, 22 alumnnas/os dos clubs de lectura "Enrédate coa Lectura" e 6 nais/pais do club de lectura de adultos "Lector@s da Ulloa"xunto con 3 profesoras/es coordinadores dos mesmos, fixemos unha excusión á Ribeira Sacra. Visitamos a presa do encoro de Belesar; fixemos unha viaxe en catamarán, polo encoro dos Peares, dende Belesar; disfrutamos dun xantar compartido e dun refrescante baño na Praia da Cova, no mesmo encoro; e rematamos a xornada con unha visita ó Ecomuseo de Arxeriz, que nos amosou a cultura fluvial existente arredor do Miño, etenografía, arte, patrimonio, entroido, viticultura... da zona.
A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
sábado, 27 de junio de 2015
Lecturas Teatralizadas
No festival de final de curso, o 19 de xuño, os membros do club de lectura "Enrédate coa Lectura" de 1º de ESO representaron anacos de "O vello que quería ver o tren" de Rafael Dieste, e o 1º acto de "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao.
miércoles, 13 de mayo de 2015
Encontro con Lu e Go pola muralla
Os membros do club de lectura de 1º e 2º de ESO do IES de Monterroso e os do IES de Palas de Rei tivemos, o pasado xoves día 7, un encontro con Antonio Reigosa, autor do libro "Lu e Go pola muralla". Guiados polo autor, e seguindo as aventuras de Lu e go, comezando na porta Miñá, percorremos a Muralla de Lugo. Aprendimos moitas cousas da historia da cidade e das portas da súa muralla, e estivemos nos escenarios das aventuras do gato Lu e e do rato Go.
Tamén vos podemos contar que Reigosa nos adiantou que a cadela Laia, protagonista secundaria na obra de Lu e Go, e que ven de pasar a mellor vida, será a protagonista principal da súa próxima obra.
Tamén vos podemos contar que Reigosa nos adiantou que a cadela Laia, protagonista secundaria na obra de Lu e Go, e que ven de pasar a mellor vida, será a protagonista principal da súa próxima obra.
Etiquetas:
club de lectura,
OS NOSOS ESCRITORES
O MÉRCORES TEÑO UN PROBLEMA
PROBLEMA Nº 14 (13/05/2015)
DESPEDIDA
DE AMIGOS
Se ó despedirse oito amigos se dan a man,
cantos apretóns de man se darán en total?
(Entrega a resposta na
Biblioteca antes do 2º recreo do martes 19 de maio)
REPOSTA PROBLEMA Nº
13
8 horas
A primeira gabia ten un
volume de un metro cúbico. A segunda é de 8 metros cúbicos, polo que precisará
oito veces máis de tempo para abrila.
jueves, 30 de abril de 2015
VISÍTANOS MARÍA REIMÓNDEZ
O 28 de abril estivo no
noso instituto a escritora María Reimóndez. Á súa
charla-conferencia asistiron todo o alumnado de 1ª ESO, os/as
alumnos/as, pais/nais/profesores/-as dos diferentes Clubs de Lectura
que hai no centro.
Comezou confesándonos
que nas súas obras hai moitas situacións que se refiren á súa
propia existencia, que dende nena quixo ser escritora e tivo a sorte
de contar co apoio incondicional da súa familia, que a literetura é
un instrumento para coñecer a realidade e ao mesmo tempo pode
servir para cambiar todo o que non nos guste dela...
Na charla, segundo foi
contestando ás curiosas preguntas dos alumnos/-as, e tamén dos
demais asistentes, fomos coñecéndoa un pouco mellor. Así soubemos
que escribía á man, en calquera lugar (no autobús, no tren..), iso
si, case sempre planificando as historias con anterioridade. Tamén
nos contou que estaba moi satisfeita por poder desenvolver moitos
labores ao mesmo tempo : tradutora, intérprete, escritora en
galego, activista feminista, implicada en proxectos de
desenvolvemento a favor da superación da discrinminación de xénero
e ,que o faría “mentres o corpo aguante”.
Fixo unha defensa da
nosa lingua, dixo que escribía en galego “porque escribo para
vós, para nós” e fixo fincapé na facilidade de aprender unha
lingua a partir doutra xa coñecida.
Animou oas rapaces e
rapazas que escribiran se iso era o que lles gustaba e que deran a ler
os seus escritos .
Adiantounos que xa
tiña preparados outros dous libros, un deles que se publicaría en
pouco tempo.
Os seus lectores/as
estamos desexando poder lelos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)