domingo, 29 de junio de 2014

Fin de curso dos clubs de lectura nas Illas Cíes





E para rematar o curso, tras a visita á Editorial Rinoceronte en Cangas do Morrazo, os clubs de lectura "Enrédate coa lectura I e II" e "Lector@s da Ulloa" fixemos unha fermosa excursión ás Illas Cíes.
Esperámosvos o curso que ven con novas lecturas e novas ilusións. Bo verán a todos e a todas! Ata sempre!

Visitando a Editorial Rinoceronte en Cangas do Morrazo

Os clubs de lectura do IES de Monterroso "Enrédate coa lectura I e II" e o club de pais e nais "Lector@s da Ulloa" visitamos a Editorial Rinoceronte en Cangas do Morrazo.
Moisés Barcia explicounos que alí,  ademáis das traducións de obras de moi diversas linguas ó galego, tamén realizan gravacións en estudo dos novidosos audiolibros e traducen e maquetan libros de texto.
Gustounos moito o selo de novela gráfica sushi edicións. Unha visita cultural moi interesante para
este final de curso dos sempre dinámicos clubs de lectura da biblioteca do IES de Monterroso.

miércoles, 28 de mayo de 2014

"Balzac y la joven costurera china"


Esta obra de Dai Sijie é unha homenaxe á literatura non só como medio de coñecemento senón de ventá cara a plenitude persoal e a liberdade. Os dous adolescentes protagonistas alivian a súa penosa situación na China de Mao a través da lectura, coñecendo así outros mundos. No libro  está presente o tema do amor e  da liberdade.
Para rematar o curso, que mellor forma que lendo sobre libros!
 

A obra foi levada o cine polo propio autor en 2001 recibindo o Globo de Oro á mellor película no ano seguinte. 



martes, 27 de mayo de 2014

Obradoiro da Letra

Estas son unhas imaxes do Obradoiro da Letra, actividade realizada no IES de Monterroso os días 14 e 21 de maio, de 4 a 7 da tarde. Participaron 5 alumnas/os, 4 nais/pais e 4 profesoras/es. Impartiuno Jesús Marúa Juaristi Linacero.

 Descubrimos e practicamos con diferentes útiles de escritura: Cálamo, pluma de ave, estilográfica, lapis de carpinteiro,.... Modulamos letras.... escribimos letras góticas, cancillerescas,....

Descubrimos un mundo fantástico de fermosas letras.


Lector@s da Ulloa: "Balzac y la joven costurera china"



Na derradeira xuntanza do curso, despois de falar do libro lido este mes, “Balzac y la joven costurera china”, e empregando os “RORY`S STORY CUBES”, construimos, entre todos, una historia rememorando algún dos títulos lidos . Este foi o resultado:
 
"Non somos lectores fora do común, pero ler fainos felices.
Axúdanos a construir o Castelo interior da nosa fantasía, pintando de cores a vida, imaxinando situación, chorando cos personaxes, sorrindo se o final é feliz. Cando entramos no túnel do tempo, descubrimos historias olvidadas, miramos polo ollo da pechadura e observamos vidas descoñecidas que coma un raio iluminan a nosa soedade.

Viaxamos a mundos fantásticos, máxicos e tan reales… Cheos de tesouros, de interrogantes, de respostas, de emocións, de pisadas, unas veces lentas e outras apresuradas.
Tendemos pontes entre o noso mundo, a nosa cultura e o descoñecido.
 


Algunha opinións dos nosos lectores:
 
“Creo que nos atopamos a gusto, por eso vimos sempre ás reunión” (Pedro)
 
“Teño a miña liña de lecturas, e as lecturas do club obríganme a ler obras que me sacan des aliña e que non lería se non fora polo club. Ademáis obrígoume a ler obras en galego, lingua na que facía moito tempo que non lía nada” (Olga)
 
“O club de lectura crea adicción, engancha. É coma una droga, estás agardando que chegue o día da xuntanza para falar, compartir, lembrar e revivir o libro que liches ese mes” (Miguel).