miércoles, 9 de noviembre de 2022

CONCURSO DE RECOLLIDA DE PILAS USADAS

    Dende a Biblioteca convocouse un concurso de recollida de pilas usadas. Os grupos que xunten máis pilas sumarán máis puntos para o Concurso da Biblioteca: 5 puntos a clase gañadora, 3 puntos a segunda clasificada e 1 punto a terceira.

   Na Biblioteca hai unhas caixas onde se poden depositar as pilas.



CLUBS DE LECTURA

 Xa están en marcha os clubs de lectura do instituto. O alumnado de 2º ESO está a ler  unha obra de Andrea Maceiras titulada O que sei do silencio.

  O alumnado participante nos clubs de lectura recibirá unha bolsa como agasallo.




lunes, 7 de noviembre de 2022

SAMAÍN

 Este ano, con motivo do Samaín, recomendamos lecturas de terror.


O Departamento de inglés e o e equipo de Biblioteca organzaron un concurso de postres de Halloween. Participaron moitas alumnas e alumnos con postres terroríficos.




Estes son as rapazas e rapaces que participaron:


A Biblioteca estivo ocupada por seres sobrenaturais.





No recreo, coa axuda do Equipo de Dinamización Lingüística, organizouse unha lectura de contos de terror. Grazas a Naiara e a Gema por axudarnos!



DÍA DAS BIBLIOTECAS

Aproveitamos esta celebración para que o alumnado de 1º ESO se achegase á biblioteca para familiarizarse co seu funcionamento. Con ese obxectivo, preparamos unha actividade máis lúdica.








jueves, 27 de octubre de 2022

CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

Un ano máis o Equipo e Dinamización Lingüística e a Biblioteca convocaron o  Concurso de relatos de terror. O último día para presentar os traballos será o 4 de novembro de 2022.

Podedes consultar as bases nos taboleiros do centro ou na Biblioteca.