Poñemos en marcha os clubs de lectura.
Anímate e pasa pola biblio para anotarte!
A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
Naiara Fernández, de 3º ESO, e Hugo Diéguez, de 2ª ESO, foron os gañadores do concurso de videopoemas organizado con motivo da Semana das Letras Galegas.
Podes vir pola biblioteca buscar lectura para este verán. Tede en conta que a biblioteca estará aberta no mes de xullo pola mañá, de 9 a 14 horas, para facer préstamos e devolucións.
Acércase o verán, e xa podemos pensar en coller algúns libros para ler nas vacacións. Por iso presentamos estas recomendacións: