Chegaron novos libros de plástica, matemáticas, arte, robótica... Están á vosa disposición na biblioteca.
A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
miércoles, 4 de mayo de 2022
martes, 3 de mayo de 2022
BANDA DESEÑADA. RECUPERANDO OS CLÁSICOS: TINTÍN
¿Coñecedes a Tintín? É o protagonista dun dos clásicos da banda deseñada. Na Biblioteca contamos con moitos títulos cos que disfrutar das súas aventuras.
NOVIDADES ABRIL
Aquí tedes información sobre as novas adquisicións realizadas no mes de abril na a Biblioteca, en manga, novela gráfica e narrativa de ficción.
LER FAITE VOAR
O alumnado de Plástica preparou un fondo alusivo á Semana do Libro para que o alumnado puidese facer fotos e promocionar a lectura. O resultado é espectacular.











