No recibidor do instituto están expostas as postais de Nadal realizadas polo alumnado para participar no concurso convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística.
A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
miércoles, 15 de enero de 2020
lunes, 13 de enero de 2020
PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS E RELATOS DE NADAL
Entregáronse os premios do concurso de relatos e postais de Nadal, convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca.
O primeiro premio do concurso de relatos foi para Sandra Mariño Mourelle, co texto titulado Lembranzas do Nadal.
O segundo premio gañouno Aroa González Vázquez co relato Rescatamos o Nadal.
En canto ás postais, o 1º premio foi para Iria Leiro Guerra, mentres que o 2º gañouno Álvaro Fernández Fernández.
O primeiro premio do concurso de relatos foi para Sandra Mariño Mourelle, co texto titulado Lembranzas do Nadal.
O segundo premio gañouno Aroa González Vázquez co relato Rescatamos o Nadal.
En canto ás postais, o 1º premio foi para Iria Leiro Guerra, mentres que o 2º gañouno Álvaro Fernández Fernández.
PREMIOS DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR
O pasado 20 de decembro entregáronse os premios aos gañadores do concurso de relatos de terror, convocado para celebrar o Samaín.
O primeiro premio foi para Jorge Lobato Vázquez, co relato titulado O ciberasasino.
O segundo premio gañouno Ánxela Fernández Otero, con A imaxinación dunha humana.
Finalmente, o terceiro premio entregóuselle a María Suárez Fontao, con Lucía, a vella muller.
O primeiro premio foi para Jorge Lobato Vázquez, co relato titulado O ciberasasino.
O segundo premio gañouno Ánxela Fernández Otero, con A imaxinación dunha humana.
Finalmente, o terceiro premio entregóuselle a María Suárez Fontao, con Lucía, a vella muller.
lunes, 23 de diciembre de 2019
jueves, 5 de diciembre de 2019
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Na semana do 25 de novembro
conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero en colaboración
co Concello de Monterroso, co CEIP de Monterroso e co CEIP de Antas de Ulla,
tal e como vimos facendo dende hai uns anos.
O día 25 o alumnado de 4ª ESO e
1º de Bac. tivo a oportunidade de participar nunha charla, organizada polo
departamento de Orientación, sobre a prevención da violencia de xénero.

O mesmo día, o alumnado de 1º, 2º
e 3º de ESO desprazouse ata o CEIP de Monterroso para participar nun partido
solidario.
Alumnos e alumnas de primaria e
secundaria leron diferentes manifestos contra a violencia de xénero. Acto
seguido gardouse un minuto de silencio e finalmente rapaces e rapazas do CEIP
de Antas de Ulla, do CEIP de Monterroso e do noso centro xogaron varios
partidos.
O xoves 28 de novembro o alumnado
de 2º ESO reuníuse na Biblioteca para participar nunha lectura de poemas nas
diferentes linguas que se imparten no centro: castelán, galego, inglés e
francés. Os textos seleccionados tiñan como tema común a igualdade.
O venres 29 de novembro o
alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato asistíu a unha representación teatral no
Centro Sociocultural de Monterroso. A obra, Mariposas
negras, foi patrocinada polo Concello de Monterroso.
Ao tratarse dunha sesión de
teatro foro, o alumnado tivo a oportunidade de opinar, preguntar e incluso
participar na propia representación.
Ademais, os alumnos e alumnas de 3º ESO B realizaron
traballos contra a violencia de xénero que están expostos no recibidor do
centro.
Etiquetas:
día contra a violencia de xénero
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











