jueves, 5 de diciembre de 2019

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


   Na semana do 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero en colaboración co Concello de Monterroso, co CEIP de Monterroso e co CEIP de Antas de Ulla, tal e   como vimos facendo dende hai uns anos.                                                                                                

   O día 25 o alumnado de 4ª ESO e 1º de Bac. tivo a oportunidade de participar nunha charla, organizada polo departamento de Orientación, sobre a prevención da violencia de xénero.



   O mesmo día, o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO desprazouse ata o CEIP de Monterroso para participar nun partido solidario.
Alumnos e alumnas de primaria e secundaria leron diferentes manifestos contra a violencia de xénero. Acto seguido gardouse un minuto de silencio e finalmente rapaces e rapazas do CEIP de Antas de Ulla, do CEIP de Monterroso e do noso centro xogaron varios partidos.





   O xoves 28 de novembro o alumnado de 2º ESO reuníuse na Biblioteca para participar nunha lectura de poemas nas diferentes linguas que se imparten no centro: castelán, galego, inglés e francés. Os textos seleccionados tiñan como tema común a igualdade.



O venres 29 de novembro o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato asistíu a unha representación teatral no Centro Sociocultural de Monterroso. A obra, Mariposas negras, foi patrocinada polo Concello de Monterroso.
Ao tratarse dunha sesión de teatro foro, o alumnado tivo a oportunidade de opinar, preguntar e incluso participar na propia representación.




Ademais, os alumnos e alumnas de 3º ESO B realizaron traballos contra a violencia de xénero que están expostos no recibidor do centro.



jueves, 28 de noviembre de 2019

LECTOR@S DA ULLOA

Neste mes de novembro, no club de lectura "Lector@s da Ulloa" lemos Fóra de si, de Suso de Toro.



Deste libro destacamos sobre todo dous aspectos que nos pareceron máis interesantes:
O protagonista, un home a punto de xubilarse, que vive un momento de crise persoal e profesional que o leva a romper coa súa vida anterior.
O uso de monólogo interior e diálogo, sen que apareza o narrador.

martes, 5 de noviembre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2019

 Este curso celebramos de novo o Día das Bibliotecas.



Nesta ocasión centrámonos na formación de usuarios, para acercar ao alumnado de 1º de ESO á Biblioteca.


Despois de recibir unha explicación sobre a ubicación dos fondos na Biblioteca, as alumnas e alumnos participaron nun concurso.



lunes, 14 de octubre de 2019

CERTAME LITERARIO CON MOTIVO DO SAMAÍN

   Un ano máis o equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística convocan o concurso de relatos de terror por estas datas nas que conmemoramos o Samaín.





  Se queredes participar, lede con atención as bases.





E para ambientarnos, un decorado terrorífico no recibidor do instituto.




CLUBS DE LECTURA NO CURSO 2019-20

Empezou o novo curso e, como todos os anos, comezan as lecturas e as reunións dos distintos clubs de lectura que hai no centro.



Invitamos ao alumnado e aos pais e nais a que se anoten nun dos clubs de lectura.