martes, 8 de noviembre de 2016

APERTURA DO PANO DOS CLUBES DE LECTURA

Arrancamos cos Clubes de Lectura do curso 2016-17. No Club "Enrédate coa Lectura", este curso contamos con dous grupos de 1º e 2º de ESO, de 10 e 5 membros; e un grupo de 3º/4º de ESO, de 11 membros. O grupo de adultos, "Lector@as da Ulloa", formado por nais/pais/profesorado e personal non docente, con 13 membros.
Velaí as imaxes da 1ª xuntanza (só dous grupos inmortalizaron o momento. Na seguinte xuntanza subiremos ós outros)

O plan de lectura destes grupos é o seguinte:
Os grupos de 1º/2º de ESO leran estas obras.
 El asesinato de la profesora de lengua. Jordi Sierra i Fabra

Cartas de inverno. Agustín Fernández Paz
Manolito Gafotas. Elvira Lindo
Escarlatina a cociñeira defunta. Ledicia Costas
Unha cabana na lúa. Jauréguizar
O carteiro de Bagdad. Marcos Sánchez Calveiro

O grupo de 3º/4º lerá
 Penúltimas tendencias. Carlos Negro

O centro do labirinto. Agustín Fernández Paz
Europa express. Andrea Maceiras
El manuscrito de piedra. Luis García Jambrina
La llave de Sarah. Tatiana de Rosnay
El hijo del pintor. Marinella Terzi

E o grupo de adultos disfrutrá da lectura de
  As rapazas de Xan. Manuel Iglesias Turnes

 Cabalos e lobos. Fran Lorenzo
 La delicadeza. David Foenkinos
Intempérie. Jesús Carrasco
La nieta del señor Linh. Philippe Claudel
Zapatillas rotas.  Xabier Quiroga
Reservas: La traductora. Leila Aboulela. La catedral del mar. Ildefonso Falcones

sábado, 29 de octubre de 2016

UNHA BIBLIOTECA TERRORÍFICA

Onte, venres 28, as dúas últimas horas de clase do alumnado de 1º e 2º de ESO do noso Instituto foron terroríficas. Disfrazados para a ocasión, desplazámonos á Biblioteca, ambientda tamén, para estremecernos con relatos de terror e coa proxección dun curto terrorífico e arrepiante. Lemos relatos de
Noite de voraces sombras, de Agustín Fernández Paz,
Cuentos de miedo. Solo para jóvenes intrépidos, VVAA;
Retrum. Cuando estuvimos muertos, de Francesc Miralles;
Historias de fantasmas. Relatos de terror y misterio. VVAA
Contos de medo no museo. Relatos do museo provincial de lugo. VVAA

 
 


 


 



miércoles, 22 de junio de 2016

Lecturas para o verán

Recomendacións lectoras para que non te aburras nas vacacións


E fomos a Santiago de Compostela

Os integrantes (non todos), dos clubs de lectura de 1º e 2º de ESO, xunto cos do IES do Camiño de Palas de Rei, o 18 de maio, fomos a Santiago de Compostela. Visitamos o Museo da Pedagoxía de Galicia e logo tivemos unha interesante actividade con libros na Librería Aenea.




jueves, 17 de diciembre de 2015

LER NO NADAL

As nosas recomendacións de lectura pra este Nadal. Podes atopalas na nosa Biblioteca.