miércoles, 12 de octubre de 2011

Audiolibros


Xa chegaron a nosa biblioteca os audiolibros.
De momento "Seda", do autor italiano A. Baricco, e "Skugga Baldur" do islandés Sjón.
Dúas obras orientadas o Club de Lectura de Pais "Lector@s da Ulloa". É unha forma nova de ler, escoitando... Unha nova experiencia que non vos podedes perder nas horas de lectura do centro.
A través das voces dos narradores sínteste trasladado a outros mundos diferentes e exóticos, sínteste un espectador privilexiado... Non deixan de ser libros...Animádevos a escoitalos!

PREPARANDO O SAMAÍN


Como cada ano estamos a preparar o Samaín, este ano ademáis do concurso de microrrelatos de terror, recomendaremos un libro una historiaeta gráfica de medo, como é Coraline, unha historieta gráfica escrita por Neil Gaiman e ilustrada por P. Craig Russell. Na que se nos demostra que o que desexamos pódese facer realidade.
Coraline é unha nena , a cal se acaba de mudar a unha estrana casa ca súa familia, demasiado ocupados traballando para prestarlle que non lle presta a atención que a súa filla, que por aburrimento e soidade acaba por meterse en enredos.

domingo, 2 de octubre de 2011

POLA CARA



Xogador da NBA, coñecido sobre todo por a súa etapa nos Chicago Bulls. Ainda que tamén se lle relacinou co béisbol.

RESPOSTAS AS PRIMEIRAS PREGUNTAS

O cadro da primeira quincena é " A persistencia da memoria" ou " Os reloxes brandos" do español, Salvador Dalí pertencente o movemento artístico do surrealismo.
Os reloxos simbolizan o paso do tempo e como estamos doblegados a él. As formigas identícanse co sexo e ca idea de morte, neste caso vinculada ao paso do tempo. No cadro tamén aparece a ansiedade, a atmósfera que recrea danos a enterder que algo non está ben, unha árbore medio morta, sen follas e seca,nun paisaxe extrano, con luz mediterránea ao fondo mentras que no primero término es todo en penumbra. Fonte;http://arte.observatorio.info/2008/10/la-persistencia-de-la-memoria-salvador-dali-1931/


A solución do concurso pola cara é : PELÉ.Cristobál e Christian de 3º e 1º consecutivamente, adiviñárono.

"O fillo de Adán"

Esta segunda quincena presentámosvos os novo cadro estrela dos Simpsons, " O fillo do home" ,os de 3º teríades que saber quén o pintor da obra orixinal, xa que estades a facer un traballo sobre o mesmo ( quen me conteste correctamente recibirá un positivo).



O autor pintou este cadro como un autorretrato ainda que esta tapado cunha mazá , algúns teóricos cren que podede significar a tentación, de ahí a relación co título, facendo referencias tentacións da vida moderna. Segundo palabras do propio artista fixo este cadro para denunciar o doado que é para nós encher o que non coñecemos. Non sabemos o que hai detrás pero damos por suposto que é a cara dun home ou nesta caso Bart Simpson. Se lle queremos atopar unha lectura máis profundo podemos ver no cadro os secretos que ocultan os homes.
Información de Observatorio, una obra de arte del día.